O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Orellas do entroido, un doce traballoso


Miña nai fai tódolos anos polas datas do Entroido as orellas, costume convertida xa en tradición de integrar a repostería co prato típico de cada época do ano. O domingo pasado tomei unha foto da bandexa das orellas que nos ofreceu de sobremesa despois do cocido e pregunteille pola receita que agora me dispoño a relatar neste post. Aínda que para elaborar todas estas, as da foto, utilizou catro ovos, relatoume a receita cunhas proporcións aproximadas para un ovo. Así serían os ingredientes: 1 ovo, 50 gr de azucre, 50 gr de manteiga de vaca, 25 ml de leite, 25 ml de auga, 1 chorro de anís, 1 chorro de zume de limón e unha chisca de sal. Todo isto batese e váiselle engadindo fariña ata conseguir unha masa uniforme que non se pegue aos dedos, momento en que sabemos que xa temos feita a primeira parte do noso doce. Estirar a masa e a segunda encomenda, canto máis fina a consegues sen que rompa, mellor e máis crocantes sairán as orellas. Córtanse, ela faino dunha forma romboide, e frítense en aceite de xirasol onde previamente se fritiu limón. Renovar o aceite cando apreciemos que comeze a queimarse.Vanse sacando a unha fonte con papel absorbente e despois a outra definitivamente onde se espolvorean con azucre. Para finalizar coméntame que é unha sobremesa "traballosa".
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 15-02-2015 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
60 fotos de Combarro


Presentación de fotos antigas de Combarro da primeira metade do século XX, copias de orixinais de varios fotógrafos profesionais e afeccionados, animadas co tema "Apartaio" do grupo de música tradicional TREIXADURA, letra de Ramón Marín e arranxos musicais de Paulo Nogueira. Tódolos dereitos son de Treixadura.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 07-02-2015 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web