O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Paco de Lucia

Morreu mentres xogaba cos seus nunha praia de Cancún. O mestre da guitarra española renovou e difundiu o flamenco xunto con Camarón de la Isla por todo o mundo e tocou man a man con músicos como Chick Corea, Jhon McLaughin, Al di Meola, Carlos Santana e outros. Se a morte deixara elixir sería na súa Alxeciras cuns peixiños, un viño oloroso e a guitarra na alma. DEP.
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 28-02-2014 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro 1929

Escenas de Combarro pertencentes a película Un Viaje por Galicia 1929

A mediados de 1929, o debuxante, fotógrafo e cineasta Luís R. Alonso, emprende unha viaxe por Galicia, por encargo das catro deputacións, para filmar as súas paisaxes e editar un documental para ser exhibido na Exposición Iberoamericana de Sevilla. Non remata o traballo, xa que morre catro meses despois, deixando o material sen montar polo que non se mostra na citada Exposición. É a longametraxe máis antiga e completa da paisaxe galega, única da preguerra. A película foi restaurada polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) en 1991. Ten unha duración de 105 minutos sen refugos.
No 2010, Pablo Gallego retornou aos lugares de filmación de Un viaje por Galicia” (1929), de Luís R. Alonso, e filmou Unha viaxe por... 1929-2009, en colaboración con el Colexio de Arquitectos.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 03-02-2014 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web