O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Patrimonio Universal



A vez que o pobo de Combarro era declarado Conxunto de Interés Artístico e Pintoresco no ano 1972, a Real Academia Galega presidida por Sebastián Martínez-Risco Macías adheríndose a labor da Asociación de Amigos da Paisaxe de Llanes pronunciábase a favor da defensa dos hórreos. Con este acordo a RAG estimulaba as corporacións públicas, entidades culturais e propietarios dos hórreos a promover a súa conservación e defensa dos mesmos, argumentando o interese como elemento tradicional da paisaxe do norte e noroeste da península, ofrecendo a súa colaboración e facilitando a información dispoñible.

O video hórreos de Combarro forma parte do NODO nº 1559B do 20 de novembro de 1972 filmado inmediatamente antes da declaración de conxunto histórico que posteo por suxerencia de Andrés. Ademais engado a URL onde se pode ler a reportaxe do ABC “ El hórreo a traves del tiempo” de José Manuel Gómez- Tavanera, profesor, arqueólogo e autor de varios libros que participou no I Congreso Europeo sobre o hórreo na arquitectura rural celebrado en Santiago de Compostela no 1984 que tería como obxecto final a petición a Unesco de declarar os hórreos Patrimonio Universal.


http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1973/04/19/087.html
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 13-02-2013 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web