O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RAF


Rafael Alonso Fernández. Pontevedra ( 1924 – 1995 )

Pintor internacionalmente coñecido sobre todo na técnica da acuarela. A súa obra está inspirada no cubismo e movementos posteriores evolucionando a un concepto persoal de marcada elegancia. Representa excelentemente tanto paisaxes urbanas como rurais, mariñas, bodegóns e retratos. O Museo de Pontevedra e o de Vigo ademais de outros Centros Públicos conteñen a maioría das súas pinturas. Na presentación admirase os cadros relacionados co pobo de Combarro.

Comentarios (1) - Categoría: Combarro - Publicado o 22-02-2011 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro 1909
Comentario que sobre Combarro fai Anette M.B Meakin no libro Galicia, The Switzerland of Spain, editado en Londres no ano 1909.

A uns dous quilómetros de Pontevedra esta a fermosa vila de Combarro que ten uns catrocentos veciños. Creese que é moi antiga e que o seu nome ven da palabra grega “χαµπτο””amputo”. Deixamos que o noso transporte baixara dando tombos polas rúas empinadas e estreitas de pedra coas súas casas de granito cos seus tellados de tellas roxas.
Algúns dos balcóns estaban pintados de verde, outros de azul, mentres que a maioría das paredes estaban pintadas con cal. O pobo cubre unha superficie escarpada que baixa ata o mar e a maioría da xente son mariñeiros. Os veciños de varias casas convidaronos a visitalas e todos eran moi probes. Na porta dunha das casas apareceu de súpeto unha muller duns 45 anos, deixaba ver fíos de prata no seu groso pelo negro, pero a súa cara, aínda que tiña unha ou dúas engurras, aínda era fermosa. Dirixíusenos en tons de apaisanado fervor, movía as mans e erguías ao ceo, balanceaba o seu corpo como un bambú axudado polo vento e o fin estalou a chorar. ¿Que é todo isto? Preguntei os meus amigos, porque a muller falaba en dialecto galego e tan rápido que eu so entendía unhas poucas palabras. “ Estanos a falar de tódalas durezas que ela e os seus veciños teñen que soportar” dixo un amigo. Di que todos están arruinados polos duros impostos que o goberno aplica os produtos da súa industria e as grandes rendas dos caseiros. “Vivimos moi apertados e todo o que gañamos co suor do noso corpo váisenos en pagar impostos e rendas. Non podemos sequera comprar pan para os nosos fillos a causa da opresión dos ricos. Hai moito diñeiro nestas terras e moita comida, mais non para nos, estamos sendo asfixiados e asesiñados por duros e inxustos impostos e nada nos anima a traballar, non temos esperanzas para o futuro. Oh! é terrible, terrible.
Un século despois en plena crise socioeconómica sabemos ou deberiamos que somos máis probes do que uns anos atrás pensabamos.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 04-02-2011 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web