O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Concerto
Alí estiven



Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 15-02-2010 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
Cocido


Nos preparamos o cocido en base os nosos gustos sin desviarnos da receita tradicional, facémolo en cantidade que non falte pero de sobrar que sexa o menos posible, tendo en conta que ós pequenos non gustan de algúns dos seus ingredientes, maila que non temos a boa costume de elaborar croquetas ou empanadiñas coa carne sobrante, cousa que si fai miña nai, si aproveitamos para o día seguinte o caldo en quente e a carne en frío de xeito de non estragar nada deste icona da nosa gastronomía.
Poñemos de remollo nunha tarteira na tarde do día anterior, un bo cacho de lacón, dous cachiños de panceta, dous de costela e un pezuño ou unha orella. Trocámoslle o auga dous ou tres veces. Noutra tarteira ponse tamén uns poucos de garavanzos ou fabas de remollo. Pola mañá aí sobre as doce ponse o auga a ferver cun anaco de unto e medio de sal engadíndolle a carne de porco xa desalada, un zanco de polo e as veces carne de carnicería. Mentres se coce a carne lavamos e cortamos, apertándoos sen esmagar, os grelos ou navizas e o repoliño, verduras agasalladas por nosa nai ou mercadas no día na de Inés, ademais estonamos as patacas escolléndoas a poder ser do mesmo tamaño. Cando a carne vai cocida retirámola de xeito que repouse nunha fonte ata que esté case cocida a verdura e as patacas. Apartamos un pouco de auga noutra tarteira máis pequena para cocer tamén os garavanzos. Imos metendo a verdura na pota, reificamos o caldo de sal e esperamos a que ferva fundindo de cando en vez a verdura no caldo axudan donos dunha espumadeira, a medio cocer ela engadimos as patacas e os chourizos .Cando a verdura e as patacas están case a punto engadimos toda a carne para que se quente. Servímolo retirando primeiro a carne nun prato e despois nunha fonte as patacas, a verdura e os garavanzos. É pena non poder ulílo.


Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 06-02-2010 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web