O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ano Castelao


Neste ano 2016 que xa remata, conmemorouse o Ano Castelao no que se desenrolaron diversas actividades culturais en todo o País, especialmente en Pontevedra, cidade na que se aveciñaría fai cen anos. O Museo de Pontevedra, do que foi fundador, realizou dúas maxestosas exposicións" Castelao artista. Os fundamentos do seu estilo. 1905-1920" e "Meu Pontevedra".
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-12-2016 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
¿E por que non?

O Patrimonio Marítimo ten a súa orixe nos homes e mulleres que obteñen os seus recursos do mar, eles xenérano e eles constrúeno. As institucións teñen a obriga de xestionar o patrimonio dende diversos ambitos, sociedades, concellos, deputación e museos ¿por que non?. Sempre, tendo en conta para elo a opinión dos colectivos humanos que traballan no mar, que son os verdadeiros protagonistas da cultura patrimonial mariñeira. Precisamente para evitar a marxinación o esquecemento e o desinterese do PATRIMONIO sería o MUSEO do MAR o ente máis próximo encargado de xestionar o mesmo.
O Museo do Mar de Combarro estivo a punto de ser unha realidade. "En 1969 acordouse a creación dun Museo de Artes e Costumes Populares do Mar en Combarro por Decreto do 25 de setembro. A súa finalidade era: “exhibir adecuadamente, además de las muestras representativas de la vida colectiva y pública y de la vida familiar de la Galicia costera, las distintas variedades de utensilios empleados en las artes de pesca”. Adquiriuse un edificio na propia vila, situado no conxunto histórico declarado, de traza singular pero pouco adaptado ás necesidades propias dun museo. De feito, o museo non chegou a entrar en servicio e a recollida das coleccións a penas comezou (as recollidas deberon pasar ó Museo de Pontevedra) pero a súa análise serviu para unha aproximación global ó tema dos museos de Galicia e unha proposta inicial de articulación dun museo do mar cun carácter máis participativo no que se incorporasen posibilidades de aprendizaxe, concentrado agora cara ó ocio e ó deporte, abrindo novas perspectivas en relación cos problemas da dinámica museográfica. A pesar da disposición legal, e quizais como consecuencia da inadecuada situación e falta de estudio previo, o museo non se converteu en realidade e segue sendo unha serpe de verán".
Texto de: A MUSEALIZACIÓN DO MUNDO DO MAR EN GALICIA: APROXIMACIÓN Ó SEU PROCESO
Francisco Fariña Busto

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 06-12-2016 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web