O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Esquimotaxe



Cando escoitei esta palabra por primeira vez non neguei a miña ignorancia sobre o seu significado. Aclarado que era unha técnica de autorecuperación da posición normal de navegación, en relación o Kayak Polo, voltear rotando 180º baixo o auga e volver a posición aerobia sen saír da embarcación.Por iso cheguei a conclusión que a simbioses home-piragua-mar é o que atrapa na práctica deste xogo.
O Kayak-Polo é un deporte de balón xogado na auga no que participan dous equipos de 5 xogadores cada un deles uniformado con casco con reixas, chalecos da mesma cor, piragua con cubrebañeiras e pala.
Cada partido consta de dous períodos de dez minutos. A area de xogo debe ter unhas dimensións de aproximadamente 35x20 metros. As porterías están suspendidas no aire a unha altura de 2 metros e a profundidade mínima debe ser de 90 centímetros.
É un xogo que combina o manexo do balón coa dificultade engadida de desprazarse nunha piragua. Ademais é un deporte moi espectacular e agresivo xa que é permitido o contacto entre as embarcacións e incluso tirar aos opoñentes ao auga cando están en posesión do balón.
O Kayak Polo é un deporte competitivo, divertido e relativamente moderno. Aínda que xa se xogaba en Gran Bretaña nos principios dos anos 60, en Galicia este deporte e novo pois a súa práctica oficialmente iniciuse fai catro ou cinco anos.
No Concello de Poio non hai piscina cuberta polo que en Combarro practícase o Kayak Polo nunha superficie de auga mariña, isto carrexa algúns problemas técnicos e unha maior necesidade de axudas por parte das institucións para facer posible a continuidade da práctica deste emocionante deporte.
Tamén en "De portas afora"
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-12-2013 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Morreu Madiba

Sempre parece imposible ata que se fai NM






Nelson Mandela na Wiki
Centre of Memory Nelson Mandela
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 05-12-2013 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web