O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SQM

Los pájaros de la mina é unha película do director Victor Moreno que se estreou o día 10 de decembro no Teatro Principal en Pontevedra. Moreno, xoven videógrafo e cineasta con varios premios xa nas súas costas expón nesta cortametraxe o sufrimento e incomprensión dos doentes do chamado Síndrome de Sensibilidade Química Múltiple (SQM). Cinta de produción propia, seguramente con un futuro percorrido paralelo os circuítos comerciais dominantes, ten para min un dobre interese, por unha banda a temática e pola outra o feito de seleccionar os exteriores de Raxó para alguns planos da película. Sorte nos teus proxectos Victor.
SQM
Los pájaros en la mina
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2010 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Brincadeira de setas

Imos cociñar setas. O primeiro é limpalas e lavalas moi ben. É o traballo máis latoso pero finalmente gratificante. Poñemos o lume unha tixola cunha co aceite dunha culler e as setas para que a vez que perden a auga váianse facendo, salgámolas moi pouco e retirámolas a un prato. Na mesma tixola cun pouco de aceite de novo, refogamos allo moi picadiño e xamón en pequenos tacos ou lonchas, cando este a piques de dourarse, engadímoslle as setas e misturámolas, resultado, un saboroso salteado de setas que nos dispoñeremos a comer ben quentiño. Supoñamos que neses intres chaman a nosa porta unha parella de amigos que non van a rexeitar a nosa invitación, pois ben, arranxamos batendo catro ovos cun puñado de perexil picado e misturándoo co salteado, estariamos compartindo un suculento revolto de setas. Casualidade sería que dous espontáneos máis se uniran a nosa mesa, aínda así, resolveriamos abrindo unha lata de anchoas e de pimentos que coidadosamente pousariamos sobre o prato anterior e xuntos desfroitariamos dun delicioso e consistente prato de setas, ovos rotos, anchoas e pimentos do piquillo . As da foto, onte, non brincaron, xantámolas salteadas.
Comentarios (0) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 11-12-2010 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe Fabes

Para 8 persoas necesitamos 1 quilo de fabas, 4 chourizos, 4 morcillas, 8 cachos de lacón ou panceta e 2 cachos de touciño. As fabas mellor que sexan finas e manteigosas, e dicir, ca pel non se note o xantalas e a textura sexa branda o desfacerse contra o padal e sobre todo que teñan unha cocción homoxénea. Do resto dos ingredientes, nin que dicir ten, canta máis calidade mellor.
O dia anterior poñemos as fabas e o porco a remollo en tarteiras separadas. A que contén o porco trocarémoslle a auga un par de veces.
Poñeremos o lume as fabas cubertas co xusto de auga fría, na primeira fervida desescumámolas e engadimos o resto dos ingrediente, compango que chaman en Asturias, e unha cebola pelada enteira. Deixamos que cozan lentamente e cando van quedando sen auga engadímoslle 2 vasos dela fría, asustámola desta maneira, deixando de escoitar o típico glugluglu do ferver. Unha vez cocidas as fabas, xa temos a fabada preparada, probámola e se está moi forte batemos a cebola coa batedora e misturámola coas fabas, para suavizar o seu sabor, truco que me ensinou o meu amigo Luísillu, o asturiano, cando preparabamos pola tarde a fabada que iamos xantar o día seguinte.Uns calurosos días de veráns.
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 06-12-2010 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
20


É sempre ledicia que elixan como escenario un rincón de Combarro para facer cine, fotografía, pintura, etc. Neste caso, un spot publicitario na Praza da Fonte dos que tiven a oportunidade de recoller os últimos vinte segundos.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 01-12-2010 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0