O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mestura de Cogomelos

Preme aquí

Mestura de cogomelos
Comentarios (0) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 28-11-2013 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Níscalos con nata

Despois da agradable actividade de baixalo lombo e colectar os níscalos, iso si, sempre en silencio para non facerse oír por curiosos desexosos de sufrir unha forte lumbalxia por tal fin.

Levamos para casa a nosa premiada colleita, evitando encontros inoportunos e sen ensinalos por aí, si hoxe presumes de cesto cheo, outros días tes que desculpar o cesto baleiro.

Unha vez na cociña presentase a faena de limpalos e lavalos de restos de terra e outros substratos, tarefa ingrata a facer erguido contra a parede e coas mans baixo a auga fria.

Nunha tarteira botamos unha chisca de aceite de oliva e escaldamos os iscalos ata que se consuma toda a auga acumulada neles. Eu a isto chamámoslle "cogomelos base". A partires deste momento elaboramos doadamente a receita.

Na mesma tarteira ou nunha tixola, dependendo da cantidade, poñemos dúas culleres de aceite e unha de manteiga ou tulipán e sofritimos unhas láminas de allo e uns cachiños de xamón ou panceta. Engadimos os cogomelos base, sal, pementa moída e douscentos mililitros nata de cociñar, refogamos e feito.

Ao servir botámoslle perexil picado por riba. ! Sinxelo e saboroso !
Tamén en
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 11-11-2013 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Unha mañá con Xulio



A raña ou liña dos polbos é unha das artes de pesca máis antigas de Galicia. Meu avó facías cunha galla de pau na que se amarraban dúas picas e unha pedra e sobre esta prendía o isco que consistía nun cangrexo, un peixe ou ambos.

O mariñeiro, coñecedor do medio onde viven os polbos, achega o seu bote axudándose das marcas ata o mar de fondos areosos na periferia das laxes, onde se refuxian nas chamadas coveiras ou cuncheiras que eles mesmos constrúen con cunchas de moluscos e restos de crustáceos. Lanza as rañas ao mar e sostén unha en cada man mentres voga amodo bordeando a laxe. Cando o polbo pousase sobre a raña, habilmente detecta ese cambio no peso da raña e no momento preciso recolle a liña. Axudándose cun bicheiro mete o polbo a bordo e fíreo de morte cortándolle entre os ollos cun coitelo.

Nos anos 70, coincidindo co auxe do turismo e as melloras de conservación e transporte do peixe, está arte de pesca foi mudada por outra moito menos tradicional pero máis produtiva, a nasa dos polbos que son unha modificación da nasa das nécoras utilizadas dende os anos cincuenta, onde a porta circular de entrada da trampa e de plástico e máis longo para evitar que os cefalópodos escapen de dentro da trampa. Actualmente a nasa é a responsable do 93% do polbo capturado.

A Xulio ensinoulle a pescar polbos o seu pai e tamén o dito que anuncia mentres lanza a raña con forza ao mar "Vaite con Deus e vente cun polbo". Dito e feito.
Unha mañá con Xulio tamén en
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2013 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Samaín

PARA OS MÁIS CATIVOS

Busca na foto 10 detalles relacionados co Samaín.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-11-2013 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web