O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lendas de Tambo II

Contáronme que tres bravos mariñeiros, dous deles primos, dispostos a facer máis doado e bulido o traballo da talla e posterior transporte das árbores, levaron unha parella de bois de carga nun barco dende o peirao de Marín ata a illa, e regreso. Imaxinádevos, desembarcando e embarcando os animais na rampla do peirao. A modo e con coidadiño, primeiro unha pata e detrás a outra. Ben sabido é, que calquer vento sen chegar a temporal non esperado, faría abanear o barco sobre as ondas e os bois amedrentados desestabilizarían a nave e acontecería a traxedia. ¡ que sorte tivemos! – Dicíame un deles.

E de peixes na illa , ¿que queres que che diga? , dunha vez íamos coa francada e o espello. Acertamos cun congro tan grande que medo lles daba o bater do peixe contra o fondo da chalana, eran tan violentas as pancadas que o ruído contra a madeira facíalles tremer. Pouco a pouco o congro foi perdendo a forza, e ceado o día seguinte nunha caldeirada colectiva nunha taberna de Combarro.

Dous rapaces, un de dezasete anos e outro tres anos máis novo saíron a pescar serráns e levantouse temporal, non podendo volver para Combarro, atracaron na illa e refuxiáronse na caseta do vixiante. Cando a fame os saudou, o único que tiñan para comer eran berberechos, iso si, tan grandes como vieiras, pero sen bebida que mitigase o salgado do bivalvo. Amainado o temporal, xa na casa, unha xerra de viño fixo o propio coa sede dos rapaces.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2011 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web