O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Noite de calacus

As mans abren a caixiña , os primeiros tres dedos da dereita collen un e rañan sobre ela unha e outra vez, o mixto prende, o pequeno lume loita contra aire o ser desprazado ata o pauciño encerado que sobre o centímetro circular de cortiza e carta de manilla flota no aceite. A mariposa xa alumea no pequeno candelabro. A luz, vágoa e de intensidade irregular proxectase nos símbolo, nomes e datas que mañá van ser obxecto de lembranzas, curiosidades ou indiferenza, cita tradicional no cemiterio.
Outra lapa intermitente, procedente dun cacho de vela, fai reflexar no recuncho mais escuro do camiño as formas dos ollos, nariz e boca exaxeradamente recortadas coa intención de amedrentar algún camiñante.
Daquela, na véspera de defuntos, non era dificultoso atopar unha veiga chea de calacus, apropiarse dunha ou dúas, baleiralas, e deixalas cunha vela acendida no camiño, era o único lecer desa noite, noite reconvertida nestes tempos nun entroido de inverno, outra americanada exportada, e con moito éxito comercial, todo hai que dicilo. A noite de calacús trocou polo Samaín ou Haloween. Hoxe mesmo, mentres escribo, estase a esperar a cicloxénese explosiva que vai facer esquecer o anterior temporal.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-11-2010 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web