O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Omo ese persil

Doce de Outubro de 2008, domingo gris, o despertar do medo, os titulares dos principais xornáis aseméllanse, The Times de Londres, IFM wains that markets could collapse by another 20%, Le Monde de París, mobilisatión genérale face au risque de krach, The New York times de alá, White House overhauling rescue plan, tamén A Voz de Galicia de aquí, O pánico amenaza con facer do 2008 o peor ano da historia da bolsa. Poucos lembran o día do anterior colapso pero si a cor, negra, negra coma a cegueira total que non se esquece, que está presente segundo a segundo.
Hoxe uns meses despois o home está perdido, os cartos non existen, os últimos bytes do computador central do Banco Mundial desapareceron da pantalla coma fume que leva o vento ou o que o mesmo esfumáronse. O debuxante das portas e das pontes, que cos seus compases trazou linas sobre papeis que chamabamos euros, equivocouse, xa ninguén pode afirmar que abren e unen, miseria e morte durante séculos foi o trouxeron a humanidade e hoxe xa todo rematou. E agora ¿que vai pasar agora? Tres mil anos despois a troca é o único que pode evitar o exterminio humano, primitivos no século XXI, pero xa todo vai mellor ,a cotización do barril de petróleo en tódalas bolsas internacionais está por riba das sete galiñas, e por poñer un exemplo unha viaxe con cruceiro incluído polo mar mediterráneo custa unha vaca ,dous porcos e vinte galiñas. O extrarradio de tódalas grandes e pequenas cidades, vilas e pobos do mundo están abarrotadas de multigranxas que cultivan os cartos do presente. O mundo feliz, o cheiro a merda. O capitalismo que agonizaba en outubro, escomenza a reproducirse de novo ¿levará o mesmo apelido que o outro? liberal, non creo, seguramente chamarase capitalismo de merda.
Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2008 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web