O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Combarro de Manuel

Combarro.1968.Foto de Manuel Chamoso Lamas

Manuel Chamoso Lamas ( La Habana , Cuba 1909 - A Coruña 1985 ) dende o seu cargo na Dirección Xeral de Belas Artes, foi o principal impulsor dos Museos de Artes e Costumes Populares. Sendo consciente da grave ameaza da desaparición do Patrimonio, proxecta a creación destes museos, a nivel estatal, para o mantemento e conservación dos bens patrimoniais, tanto materiais como inmateriais.
En Galicia, O Cebreiro, Ribadavia e Combarro serían os pobos escollidos nun principio para a consecución deste proxecto. Os dous primeiros teñen, hoxe en día, cada cal Museo Etnográfico pero en Combarro non se chegou a ultimar, pese a xa ter adquirido pola Deputación Provincial un edificio onde ubicalo, actual Ateneo Culltural. Manuel Chamoso Lamas fotografou rúas, hórreos e cruceiros de Combarro no 1968.

En palabras de Chamoso:"Combarro é o máis típico dos pobos mariñeiros de Galicia...pobo de longas e torcidos rueiros, de vellos empedrados e casas con populares solainas e soportais que alternan con outras de arquitectura señorial con innumerables e multicores embarcacións a sombra dos pétreos e gracies hórreos onde se tecen e armán os complicados artificios de pesca, dende o simple sedal e férreo anzol ata o aparello de arrastre de hábil manexo...
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 13-10-2017 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web