O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Adeus Lou



Naciches, como ti dicías para o rock and roll e camiñaches polo lado salvaxe mentres eu te escoitaba. Sempre terás un oco nas miñas audicións.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 27-10-2013 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Toxos e Froles

A fundación do Coro Toxos e Froles data de 1914 e parece estar relacionada co interese do gaiteiro Manuel Lorenzo Barxa por crear unha agrupación á imaxe e semellanza do primeiro coro galego' Aires d'a Terra. Tamén se debe considerar a existencia da agrupación ferrolá Airiños d'a miña Terra como o seu precedente inmediato e máis próximo.
A presentación pública do coro Toxos e Froles faise no Teatro Jofre de Ferrol un sábado, o 29 de maio de 1915. A primeira bandeira do coro foi conseguida por subscrición popular e entregada polo poeta ourensán Antonio Rey Soto, representante das Irmandades da Fala. Naqueles tempos os lazos de amizade entre as irmandades e as agrupacións artísticas era moi forte. O papel de Toxos e Froles na fundación da Irmandade da fala de Ferrol en 1918 foi crucial.
O coro, con Lorenzo á cabeza, forma parte dos programas de moitos festivais galegos. No mes de xuño do ano 1922 realízanse as primeiras gravacións discográficas da agrupación.
Galipedia



Web de Toxos e Froles
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 04-10-2013 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web