O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cesto, navalla e móbil

O laboratorio de micología da Universidade de Vigo desenvolveu unha aplicación para teléfonos móbiles que axuda a recolectar setas de forma segura ofrecendo un catálogo cos 250 hongos máis comúns en Galicia, informou hoxe o citado centro académico.
Esta aplicación, deseñada para móbiles con sistema operativo "Android", permite aos amantes das setas distinguir con máis seguridade as especies comestibles das tóxicas, ata nos casos en que apenas un mínimo detalle as diferenza unhas doutras.
Trátase dun lector de claves dicotómicas, é dicir, que axuda a clasificar e subclasificar as especies de setas en función das diversas propiedades que se analizan: tamaño, cor, forma e outras.
De forma paralela a esta aplicación tecnolóxica, o laboratorio vigués, en colaboración co Grupo Micológico Galego, ultima unha base de datos en liña con máis de 2.000 especies de hongos identificados en Galicia, con datos de hábitat, localidade e data de recolleita nos últimos vinte anos.
Faro de Vigo 25 de outubro de 2012

Sobre o artigo do Faro, unha foto de exemplares novos da Armillaria mellea sacada fai uns días nun toco na ruta dos muíños da Freixa en Poio. Está seta e considerada unha asasina de arbores, neste caso o asasino foi o home.Descúlpese se foi para dar luminosidade a zona. Meu modesto móbil non ten nin unha cámara moi boa e moito menos sistema androide, polo de agora, pero sempre o levo co cesto e a navalla.
Comentarios (1) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 25-10-2012 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
Qué horror...

Están deseñando a seguinte...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2012 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Alborada pola Rualeira


Un día de festa, unha mañá soleada. Tres clarinetistas, bombo e tambor por diante e gaiteiro atrasado camiñan a paso longo pola Rualeira, tocan unha alborada, quizais unha muiñeira ou un valse, ¿ quen sabe?. O sol dalle de fronte, igual que á nena que os observa dende a parte superior da escaleira e que se autoprotexe co antebrazo esquerdo; mentres a nai, ou irmá maior, olla os músicos, descansando os cóbados no marco da ventá da mesma casa, sobre unha prenda de roupa que non tardará en estar seca. Cara a Rúa Cega, entre un montón do que parecen herbas formando maios, a muller de loito, ri, deténdose ao velos pasar. Pronto continuará o seu camiño. O neno pequeno sigue o máis maior sen facer caso a marcha musical, eles teñen outros plans, van en dirección a praia. No segundo plano unha familia formada pola muller cun neno no colo que mira, a súa irmá bailar cos brazos en alto e na esquerda dela, o outro fillo con intencións de continuar seguindo aos músicos . Está muller e o gaiteiro miran a cámara, aínda que o fotógrafo no cae na conta dese ollar no momento do CLIK.


Atopei esta bonita foto ollando o libro “Albores de Sanxenxo Vol II”, magnífica recopilación de fotos antigas do concello veciño, editado pola Asociación Cultural Abiñadoura. Baixo ela o subtítulo “ Alborada da banda de música por Padriñan. Festas de Sanxenxo. Ano 1957”, é un claro erro de documentación ou de impresión. Alborada pola Rualeira. Combarro, sería o correcto. ¿Coñecedes alguén? Namentres, disfrutade dela.

Durante este ano, tódolos artigos ou posted publicados en O Pé da Porta e que estean relacionados directa ou indirectamente con Combarro, levaran o logotipo “ Combarro. Conxunto Histórico 1972 – 2012 a propósito da Conmemoración do 40 Aniversario.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-10-2012 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web