O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Starway to heaven




O sen nome ou Led Zeppelin IV, na súa versión USA, agasalloumo Cristina nun dos vrans que pasou en Galiza. Escaleira o ceo voltou este ano a ser ouro,o tema, foi escollido para a coreografia do equipo feminino español de natación sincronizada pra gañar o campionato do mundo. En boahora, o kasachov morreu, viva escaleira o ceo.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 23-10-2009 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
1,5 m

Metro e medio a dereita ou metro e medio a esquerda ilumínao unha luz de pila, pero dende a terra o ceo, só o sol e a lúa teñen esa competencia. Cleóbulo, un dos sete sabios de Grecia (os7sabios) que gobernou Lindos, na illa de Rodas, ala polo ano 600 a de C, defendía o aforismo que dicía “aceptar a inxustiza non é unha virtude senón todo o contrario”. A maldade como concepto que vai en contra do xusto, forma dualidade co ben e ámbolos dous están integrados no ente do ser humano, polo que a desobediencia a unha lei inxusta que permite un beneficio a un cidadán a costas da perda de outro, escurecería o delito e converteríase nun premio para a espiritualidade, entendida como realización humana. Refraneando, non hai mal que por ben non veña, fai pensar nas oscilacións que o ser humano sufre durante a súa cíclica vida pero tamén en sentido relixioso pode ser entendido como un desafogo ante o mal. A Cleóbulo tamén se lle atribúe a máxima “ A moderación é o mellor ” pero claro, iso foi fai dous mil seiscentos anos, hoxe que o sabemos todo, prevalecen varias que serven de ensinanza para perpetuar a ignorancia,…! Que pasa Nen….Que che pego leite…que se senten cona…e iso doe…… tremenme as pernas….¿quen me pon a perna enriba para que non erga cabeza?….e outras. Eu sigo.
os7sabios
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-10-2009 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web