O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"Las Bellezas de Galicia" Combarro


Na foto a páxina do álbum que ocupa a serie 46 correspondente a Combarro.

“Las Bellezas de Galicia” é o segundo álbum de cromos da colección “España turística y monumental” dirixido por Juan Gil Cañellas editado por Edición Huecograbado de Bilbao. Está formada por 525 estampas en blanco e negro divididas en 60 series: escenas do campo, das feiras, romarías, portos, pazos, castelos, fontes etc...Participan nesta colección fotógrafos da época: Pedro Ferrer, José Pacheco, Vázquez Seijas, Eladio Cornide, Rafael Lorente entre outros. Na cuberta de “Las Bellezas de Galicia” aparece un debuxo firmado por Mel da Catedral de Santiago de Compostela. Non hai unha data exacta da primeira edición pero parece ser despois do ano 1933. Este sería o segundo álbum en importancia despois do publicado polo fotógrafo Luis Ksado : “Estampas de Galicia” no 1936.

"Las Bellezas de Galicia" tería unha nova edición en 1966 da man de Cromoastur, esta vez a toda cor, baixo a coordinación de Luis Martínez Estrada e Juan Gil Lafuente. Está formada por 553 imaxes a cor,divididas en 45 series: SANTIAGO DE COMPOSTELA . A CORUÑA . O FERROL . POBLACIONS DE A CORUÑA . LUGO . POBLACIONS DE LUGO . OURENSE . POBLACIONS DE OURENSE . PONTEVEDRA . VIGO . POBLACIOES DE PONTEVEDRA . MONUMENTOS NACIONAIS . PRAIAS . CRUCEIROS . RÍAS ALTAS . PAZOS . SANTUARIOS E MOSTEIROS . PAISAXES DE RÍOS . CASTELOS . PORTOS . PONTES ROMANAS . RÍAS BAIXAS . ILLAS. As estampas son de Enrique Caballero e Paisaxes Españois para Cromoastur S.L.


Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-01-2015 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web