O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eu tamén

Orixinal foto de Sandra Alonso que nos fai pensar o porqué aínda temos que mollarnos para defender o único que non nós poden roubar.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-01-2013 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Coida Combarro


Coida Combarro, coida Galiza, coida o Planeta. Ninguén o vai facer por ti.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2013 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Caos

Este ano que restamos ou sumamos, segundo se olle, foi o máis agresivo, social e politicamente falando, das derradeiras décadas. Foi o ano de confirmación da crises do euro, de aumento desmedido dos recortes os cidadáns, de perdas de dereitos na saúde e na educación, de subida de impostos en contraposición as cifras record de paro e de emigración, de protestas, folgas e cargas policiais. Cifras e letras 14N, 29M, 15S. Estafa de preferentes, timo de subordinadas e incomprensibles desafiuzamentos das familias máis vulnerables e que menos culpa teñen deste actual panorama causado por banqueiros ladróns e políticos corruptos que se pasean polos xulgados como “perico pola súa casa”. Nin os mesmos membros da realeza escapan deste espectáculo circense onde os que pagamos cada vez unha entrada máis cara, vemos como nos enganan función tras función, xa que os pallasos non nos fan rir, os equilibristas, ben seguros coa rede tensa sobre o chan, ollan para nós con desprezo dende a súa prepotente altura e os animais que nos presentan cun alegre colorido impreso nos carteis propagandísticos están sucios e desnutridos ou no peor dos casos, como o elefante, morto con crueldade e diversión.
Pero no 2012 pasaron outras cousas, homenaxeamos a Valentín Paz Andrade no día das Letras, e a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento. Deixaron de estar entre nós intelectuais como Isaac Díaz Pardo, Xaime Isla Couto, Avelino Pousa Antelo; representantes das artes como Alfonso Sucasas ou Leopoldo Nóvoa e da fotografía como Guillermo Cameselle, Anxel Llanos ou Alberto Pacheco e artesans como José Seivane.Tamén morreron Carrillo e Fraga. Menos mal que por fortuna, estou seguro, nacerían algúns dos imprescindibles, quero pensar que milleiros. Que así sexa. O lume unha vez máis non tivo compasión nas Fragas do Eume e noutros montes da Galiza. Máis non todo foron bagoas, o berro do alirón, subiron a primeira o Depor e o Celta e conmemoramos os cincuenta anos de vida das cintas de casete, dos Beatles e dos Rolling.
O certo é que estamos tan acostumados a crise e as súas circunstancias que non lle demos importancia a que os maias erraran na data do apocalipse.Outro ano será.
Apocalipse what Apocalipse ?
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-01-2013 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web