O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ponte de rodillas


Sempre a escoitei na radio e cantaba no meu inglés o extracto de pollo en lata.Hoxe de luxo con karaoke-
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 31-01-2010 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos Galego

Dende onte o escritor Don Xosé Luis Méndez Ferrín é o novo Presidente da Real Academia Galega. En boa hora. Alegroume a nova porque sei que es un home coa experiencia, capacitación e coraxe para afrontar o cargo tendo en conta os tempos que corren, novamente agresivos, para o idioma. Ti queres galego e ti eres o persoeiro que vas poñer todo o empeño en garantir a perduración do idioma como base da nosa identidade. Adiante Ferrín e fai que a Real sexa unha realidade de promoción do noso.
Eu tamén quero galego, eu tamén te quero Nobel de literatura.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-01-2010 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Haití

Haití, a negra, chorando está......de Buenos Días América (Pablo Milanes)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2010 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Louco Mundo

Alo vai o 2009, deixádeo ir, diría o tolo ós ciudadans que aínda lles queda un anaco de tempo para facer análise crítico dos feitos ocorridos no derradeiro mes do ano na sociedade que en sorte para algúns e en desgracia para outros nos tocou vivir ,sociedade baseada no vello e multiorganicamente ferido capitalismo pero máis enfurecido se cabe e na moderna e adolescente globalización da que aínda non somos coñecedores das súas futuras consecuencias. Dinnos os informativos que un tolo, louco ou enfermo mental partiulle a cara a Berlusconni, representante do poder político dun cacho da sociedade deste planeta. Uns días despois, neste caso unha tola, asalta a Benedicto XVI, xefe este do poder divino. Ante os tolos, xustifícanse estes persoeiros e as súas circunferencias mediáticas, non hai blindaxe seguro, non será máis ben que os seus curriculums vitae, seus feitos e verbas agreden a esencia do ser humano. ¿ Qué feliz ano novo lle dexesarían ó presidente de Aircomet cada unha das persoas que desesperadas, vendo frustradas as posibilidades de arrexuntarse cos seus, escóitano dicir nos mesmos televexos do aeroporto, no que xa nada esperan, que el non voaría coa súa aroliña ? Centenares de tolos. Mentres as carencias de recursos aumentan no planeta, estráganse millóns de euros nunha reunión de xefes e señores con jets privados, coches blindados, grandes banquetes e festas, apertóns de mans, bicos por aquí e por acolá, para non conseguir nin un mínimo acordo na cume sobre o troco climático en Coppenage, iso si, a globalización danos as novas, noticias, refírome, ó correr, miles de tolos na rúa.
Un referendo a escala mundial cuestionaría: ¿ Pensa vostede que Obama, rei do pais máis poderoso, guerreiro e opresor do mundo é merecedor dun premio en relación coa Paz ? O non de millóns de tolos.
A verdadeira loucura quizais non sexa outra cousa que a sabedoría mesma que, cansa de descubrir as vergoñas do mundo, tomou a intelixente resolución de voltearse louca.
Heinrich Heine

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2010 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web