O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O escondite do tesouro divino

O escondite do tesouro divino ( Relato)

Lebaniego, escudella, madrileño, maragato, montañés ou galego, o noso, todos da mesma orixe, a ola podrida , ola poderida, que se di, dos poderosos, polas evolucións das linguaxes ou da súa predecesora a adifana xudía, comida dos xudeus españois, hoxe xantar noso, elaborada na noite do venres antes do anoitecer para o seu consumo no sabatt, sábado de descanso, segundo prescrición do Torá.
Isabel I de Castela, Edito de Granada,. Son eles os perseguidos, os que non fuxiron, os convertidos, os que tiveron que cambiar nas súas potas o cordeiro polo porco, asegurar a cristiandade, medo, santo oficio, santo medo santo, santo Tomas de Torquemada.
Pois si, di un dito castelán que o porco converteu máis xente o cristianismo que a santa Inquisición.

O porco, o noso sen el mal cocido habería, D. Ramón Otero Pedrallo, escritor noso pouso no cumio da literatura o seu,e para nos, Himno o Xamón
Pai das artrites, das escleroses
Fidalgas doenzas do pazo antergo
Xamón
Sal do fumeiro da noite negra
Do viño en xerra irmán doado
Xamón
Xamón e chourizos
E costela, lacón , pezuño, rabo, panceta , espiñazo e como non a súa cacheira, cachucha en Ourense que segundo outro gran escritor noso entre nos, Manolo Rivas son eles os ourensás, grandes entendidos na porcofaxia, pois chaman cachucha a parte superior da cara do porco, da boca para riba afumada e salgada e dente a inferior , de boca para abaixo elaborada da mesma maneira. Oda a orella , a súa sinfonía de cores que ondean do branco o negro semellantes os verdes e ocres das nosas arbores no outono. Lembro o Castelao debuxante, esa viñeta de dous cebados na corte deitados e dicíndolle un a outro “mala vida non che era si durara”
Pois contigo, noso porco e coa vaca , a galiña e cos grelos , nabizas, verzas, patacas e garavanzos e con frío, e con choiva e sen choiva e bos amigos, comémo-lo cocido, galego, noso e non lle botamos máis porque non cabe na ola, ola poderida, adafina.
Pois ben, adafina e unha palabra árabe que significa tesouro escondido e din as lendas....que Santa Ana ,nai da Virxe María coñecida en hebreo como Hannat foi a creadora deste prato quente., comida de reis e de orfos, mestizaxe de culturas.
Aclarado o titulo deste relato, remato xa , desertando hoxe do dito popular castelán , de la mar el mero y de la tierra el cordero e reivindicando o noso....Non hai carne como a do porco, peixe como o rodaballo, buraco como a cona e torno como o carallo. Bo proveito.


Vigo, martes de Entroido de 2008


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-01-2009 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web