O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Francisco LLorens

"Os hórreos" Francisco LLorens (foto de M. Moreno)

Francisco Llorens Díaz (A Coruña 1874-Madrid 1948), profesor, pintor e debuxante, está considerado como o primeiro paisaxista galego da Historia da Arte.
Compaxinou a súa carreira comercial cos estudos na Escola de Artes e Oficios de A Coruña, onde foi alumno do pintor de escenas castrenses Román Navarro. Decidido finalmente pola pintura, a Madrid, para acudir á Escola de Belas Artes de San Fernando, sendo alumno de Carlos de Haes. Completou a súa formación no taller de Joaquín Sorolla, entre 1863 e 1927. Despois viaxou a Roma, Bélxica, Holanda e París, onde quedou seducido por Cézanne e os impresionistas. O seu regreso, instalouse en A Coruña, participando nas Exposicións Nacionais de Belas Artes. A Guerra Civil sorprendeuno en Madrid e trasladouse a Valencia co Goberno republicano. Ao finalizar a guerra, alternou a súa residencia entre A Coruña e Madrid, onde foi nomeado, en 1943, académico numerario da Real Academia de San Fernando. Tamén foi socio de honor da Academia de Belas Artes e da Real Academia Galega. Hai obras súas en diversas institucións e museos galegos. Faleceu o 11 de febreiro de 1948 en Madrid, onde foi soterrado xunto a súa dona, mais os restos de ambos foron trasladados posteriormente polo concello de A Coruña ao cemiterio de San Amaro.
A finais da primeira década do século pasado foi cando pasou unha tempada na ría de Pontevedra e a esta época pertencen "Os hórreos" ,"Unha moza de Combarro" e "O cristo da Renda"; estás dúas últimas adquiridas pola señora de Arce, unha distinguida dama arxentina.
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 05-02-2016 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
O home do ganapán


En agosto de 1925 Ruth Matilda Anderson e o seu pai parten da Galiza cara os Estados Unidos con 5000 fotos propias e 2800 máis, adquiridas a considerados fotógrafos da época. Para ampliar o arquivo fotográfico encargado pola Hispanic Society of America, onde traballa, volta a Galiza en decembro de 1925, esta vez acompañada de Frances Spalding, que será a súa compañeira de labores fotográficas ata maio de 1926, data na que retornan os Estados Unidos con 2300 fotos novas con motivos de xentes, lugares e costumes da Galiza daqueles anos. É nesta etapa na que se detén en Raxó e realiza dúas fotos, supostamente o 21 de febreiro de 1926.
No ano 1939 publícase en Nova York o libro Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña cunha selección de 682 fotos produto daquel traballo. É unha lastima que estas dúas foto non este incluida na selección do libro.

Apéndice da páxina 427 do libro fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia: "Unha mirada de antaño"
Raxó – Pontevedra
5927. Escena industrial nunha tarde de domingo de labor de investigación etnolóxica. Deixabamos o coche na estrada mentres subiamos un outeiro onde tiramos as dúas fotografías. No camiño de volta vimos que Nosa Señora (nome do coche no que se desplazaban) se convertera no centro dun activo interese por parte dunha multitude de nenos, mozos, mozas, vacas e ovellas. Desde esta distancia e difícil xulgar quen é o investigador e quen é o investigado, xa que ambos lados observaban e cuestionaban.
Ese mesmo día, domingo 21 de febreiro de 1926, Ruth retratou a un home que leva na man unha pequena rede cun polbo ( foto seleccionada no libro. Escena 5928 ) e os datos ubican a foto nun lugar de Pontevedra con interrogación, que ben podería ser Raxó.
No libro “Gallegan provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña está impresa a imaxe do home, xunto co siguinte texto traducido do inglés:
" A costa sur, cuberta de hedras, silvas e toxos non estaba tan poboada como a do norte. Pobos mariñeiros como o branco Sanxenxo e o gris e branco Raxó, en cuxa punta estaba a columna que se usaba como diana de práctica pola Escola Naval de Marín, que se atopa no lado oposto. Cerca de Raxó, unha vez, atopamos un pescador que falaba un galego sen adulterar (galego enxebre), máis difícil que o grego para nós. A rede na que levaba as súas sardiñas, imaxinamos con dificultade que sería un"ganapán" (breadwinner)pero o nome que se lle deu o sitio onde nos atopamos:"jeibotas" aínda teño que traducilo a algo que un dicionario xeográfico o recoñeza."
Algunhas contradicións do texto: A Escola Naval Militar atópase en Marín dende o ano 1943, mentres o libro a súa única edición é de 1939. O que leva no ganapán o home non parecen sardiñas, máis ben, un polbo pequeno ou un boi. En Raxó non hai ningún lugar que se chame "jeibotas". Algunha vez escoitei a expresión "jeibota" para refirirse a un peixe fraco, sen valor. ¡¡Aí queda a foto!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2016 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro nas tarxetas postais II

Praza da Fonte.Combarro.1964
Tarxeta Postal.Edicións Arribas. Zaragoza

Edicións Arribas foi fundada por Manuel Arribas Andrés nun local da rúa Torre Nueva en Zaragoza no ano 1905 e converteuse nunha das editoriais máis importantes do primeiro cuarto do século XX. Manuel Arribas foi reporteiro gráfico na guerra de África e a partires de 1930 adicouse a contratación de fotógrafos para realizar reportaxes sobre as posesións españolas en África.
Ao regreso da guerra comezou a fotografar vistas de Aragón e editou tarxetas doutras poboacións, ademais de reimprimir fotografías doutros editores.
Arribas tiña un perfecto modelo de negocio co que logrou obter unha gran cantidade de material gráfico que posteriormente usaba para a edición de tarxetas postais. Este modelo consistía en poñerse en contacto cos fotógrafos máis representativos de cada cidade que visitaba e mercarlle negativos que xa tiveran feitos, encargándolle novas tomas de novos lugares.
Zaragoza, trala Guerra Civil, converteuse na cidade base para a edición de tarxetas postais grazas a editores como García Garrabella e Edicións Arribas que por aquelas datas era dirixida polo fillo de Manuel, Mariano Arribas Fuentes, quen continuou co negocio familiar, posteriormente faríao o seu neto José Luis Arribas Castillo. En 1992 saíu a venda a editorial e o seu fondo, composto por máis de 50 000 negativos, que foi adquirido por distintas institucións culturais.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 27-01-2016 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro nas tarxetas postais I

Postal Color CYP
Faenas de pesca no peirao. Anos 50.

Antonio Campañá i Brándanas (Arabices, 1906 - Barcelona, 1989) iníciase na fotografía con tan só dezaseis anos, e pronto anuncia a venda dos seus traballos a catro pesetas media ducia de positivados e doce a seis pesetas. Influído especialmente por Claudi Carbonell (Barcelona, 1891-1970) desarrolla o pictorialismo e perfecciona a técnica do bromóleo. Vinculado ao mundo do xornalismo traballou para El Día Gráfico, Vida Deportiva, Dicen,( do que foi co-fundador en 1950) ou La Vanguardia, onde colaborou como fotógrafo durante máis de corenta anos, primeiramente como reporteiro gráfico no bando republicano da Guerra Civil na que plasmou escenas importantísimas da contenda e posteriormente dedicouse ao reportaxe de carácter técnico e histórico.
Foi membro da Agrupación Fotográfica de Catalunya desde 1928. En 1939 figura en el «The American Annual of Photography» como un dos fotógrafos máis prolíficos do ano.Foi fotógrafo oficial de SEAT (Sociedade Española de Automóbiles de Turismo) dende 1950.
En canto a Joan Puig Ferrán, ( Bellanes,Lleida 1904 - Barcelona 1982) Aos vinte anos comezou a publicar en El País así como a colaborar con outros xornais da época, nacionais e internacionais. Realizou reportaxes fotográficos para a Exposición Internacional de 1929 e traballou no campo da fotografía documental. En 1934 fundou a axencia Garfinform para o intercambio de material gráfico con axencias estranxeiras. Como reporteiro durante a Guerra Civil, publicou traballos nos suplementos gráficos de La Vanguardia e a partir de 1945 comezou a traballar en exclusiva a fotografía industrial. En 1952 asóciase con Antoni Campañá e Joan Trouchot para editar tarxetas postais turísticas. A empresa chamábase Postales Color CYP.
A mediados dos anos 70 os dous amigos e socios deciden dividir o negocio, de tal forma que os fillos de Campañá continúan coa edición de postais da zona dos Perineos, a costa levantina, dende Barcelona ata o sur da provincia de Alicante, as Canarias e a illa de Ibiza; pola súa parte, o fillo de Joan Puig, Andrés Puig Vicente, centrase na edición de postais de Barcelona, a Costa Brava e a illa de Menorca.
Edicións A. Campañá continúa en mans de Margarita Campañá, filla de Antonio Campañá dedicándose á edición de postais e libros no número 28 da rúa Alcalde de Móstoles, Barcelona. A empresa da familia Puig en 1986 xunto a Miguel Abadías e Miguel Fuster se convértese en PIC (Postales Internacional Color), en 1992 Abadías e Fuster mércanlle a súa parte a Andrés Puig e continúan coa edición de tarxetas postais.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 04-01-2016 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
The Who
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 01-01-2016 02:05
# Ligazón permanente a este artigo
2016

Comentarios (0) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 01-01-2016 01:34
# Ligazón permanente a este artigo
Jaime,Jesús,José,Juan

Rapaces xogando no peirao de Combarro.ca 1931. A foto é de J. Castro, fotógrafo afeccionado de Lugo, colaborador de Jaime Solá en Vida Gallega.

"Vida Gallega"
Foi unha revista fundada en Vigo en 1909 por Jaime Solá Mestre ( Vigo 1874-1940 ), onde apareceron fotografados os máis importante acontecementos sociais, culturais e políticos de Galicia e da comunidade emigrante galega. O primeiro número saíu en xaneiro de 1909 con portada de Castelao e o último en 1938, publicándose un total de 697 números. Tivo unha segunda época de 1954 a 1963.
Durante a longa existencia de Vida Gallega, foron moitos os fotógrafos que publicaron imaxes na revista, a destacar, tanto pola súa permanencia como pola súa calidade, Chigarro, Ksado ( Compostela );José Pacheco (Ourense); Jaime Pacheco, Gil, LLanos, Irmáns Sarabia (Vigo); Barreiro, Pintos (Pontevedra); Sellier,Ferrer,Cancelo Blanco (A Coruña);Caamaño(Muxía); Pernas (Mondoñedo) etc...
Mais en "Vida Gallega" colaboraron máis de douscentos fotógrafos afeccionados polo que a documentación das imaxes é as veces dubidosa; o nome do autor moitas das veces só é sinalado coas iniciais, coincincidencias dos apelidos e distancias non concordantes entre as imaxes e o lugar onde traballaban, son algunhas das dificultades que se atopan a hora de documentar unha imaxe.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2015 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Yo amo a Galicia como el que más

“Yo amo a Galicia como el que más” Velaquí o tópico o clixé, a frase estereotipada conque tódolos malos galegos queren disimular a súa falla de conciencia patriótica.
Cando un señor calquera ceiba estas verbas hipócritas: “Yo amo a Galicia como el que más” é seguro que, de palabra, de pensamento ou de obra, vai cometer unha traizón contra da súa Terra.
As verbas “Yo amo a Galicia como el que más” denuncian ao verdadeiro galeguista, a presencia indubidable dun inimigo de Galicia.
Agora coma sempre, pero máis neste instante álxido e cheo de perigo, está aberta a loita entre nós e os “ aman a Galicia como el que más”
O centralismo ten o preito perdido en Cataluña e máis en Vasconia, pode que o perda tamén en Andalucía. Non pode por menos de acugular todo o seu esforzo en Galiza, única esperanza que xa lle queda. Para vergoña nosa,aínda pode contar aquí o centralismo con fundadas esperanzas: conta con un só home, cos que "aman a Galicia como el que más" . A loita está aberta; se triunfamos nós, a verdade farase patente e os que " aman a Galicia como el que más"ficarán expostos a eternal vergoña. Se triunfan eles, como pode acontecer, nós teremos a conciencia do deber cumprido, e eles, os hipócritas, os descastados, seguirán amando a unha Galiza probe,humildosa, esquecida, sen liberdade, sen dignidade, sen prosperidade.
Galiza morrerá para sempre afogada polos que " aman a Galicia como el que más"
VICENTE RISCO
Comentarios (1) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 11-12-2015 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [33]
© by Abertal

clocks for websitecontadores web