O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Combarro. FRANCISCO ZAGALA


Francisco Zagala Pérez, nado en Verín en 1842 e finado en 1908, foi un fotógrafo galego que pasou toda a súa carreira en Galicia
Adquiriu a súa formación fotográfica en Madrid, pero arredor de 1880 estableceuse nun estudio fotográfico en Pontevedra. Foi un dos primeiros fotógrafos españois, que substituíron os estranxeiros establecidos a mediados do século XIX.
A súa actividade fotográfica coñecida ocorre en Galicia, máis concretamente en Pontevedra, onde tiña o estudio para facer retratos. Con todo, dedicouse tamén a facer fotografía ao aire libre e reproducións de arte, sendo o fotógrafo oficial da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Grazas á doazón dos seus fondos para o Museo Provincial de Pontevedra dispoñemos de moitas imaxes etnográficas da vida en Pontevedra entre os séculos XIX e XX atopadas no chamado Arquivo Zagala.
En 1884 pasou a traballar coa revista La Ilustración Española y Americana para fornecer fotografías de Pontevedra. Cando Pedro Ferrer en 1904 publicou a colección de fotografías titulada Portfolio de Galicia, coa colaboración de moitos fotógrafos tamén foi responsábel de achegar as imaxes de Pontevedra..
O seu traballo foi exposto varias veces para amosar o seu valor documental, quizais o máis importante foi a presentación do Museo de Pontevedra, na súa honra en 1994, pero tamén mostras colectivas como a realizada en Vigo en 2010 co título de Telón de fondo.

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 06-03-2015 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Orellas do entroido, un doce traballoso


Miña nai fai tódolos anos polas datas do Entroido as orellas, costume convertida xa en tradición de integrar a repostería co prato típico de cada época do ano. O domingo pasado tomei unha foto da bandexa das orellas que nos ofreceu de sobremesa despois do cocido e pregunteille pola receita que agora me dispoño a relatar neste post. Aínda que para elaborar todas estas, as da foto, utilizou catro ovos, relatoume a receita cunhas proporcións aproximadas para un ovo. Así serían os ingredientes: 1 ovo, 50 gr de azucre, 50 gr de manteiga de vaca, 25 ml de leite, 25 ml de auga, 1 chorro de anís, 1 chorro de zume de limón e unha chisca de sal. Todo isto batese e váiselle engadindo fariña ata conseguir unha masa uniforme que non se pegue aos dedos, momento en que sabemos que xa temos feita a primeira parte do noso doce. Estirar a masa e a segunda encomenda, canto máis fina a consegues sen que rompa, mellor e máis crocantes sairán as orellas. Córtanse, ela faino dunha forma romboide, e frítense en aceite de xirasol onde previamente se fritiu limón. Renovar o aceite cando apreciemos que comeze a queimarse.Vanse sacando a unha fonte con papel absorbente e despois a outra definitivamente onde se espolvorean con azucre. Para finalizar coméntame que é unha sobremesa "traballosa".
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 15-02-2015 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
60 fotos de Combarro


Presentación de fotos antigas de Combarro da primeira metade do século XX, copias de orixinais de varios fotógrafos profesionais e afeccionados, animadas co tema "Apartaio" do grupo de música tradicional TREIXADURA, letra de Ramón Marín e arranxos musicais de Paulo Nogueira. Tódolos dereitos son de Treixadura.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 07-02-2015 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Las Bellezas de Galicia. Combarro

Na foto a páxina do álbum que ocupa a serie 46 correspondente a Combarro.

“Las Bellezas de Galicia” é o segundo álbum de cromos da colección “España turística y monumental” dirixido por Juan Gil Cañellas editado por Edición Huecograbado de Bilbao. Está formada por 525 estampas en blanco e negro divididas en 60 series: escenas do campo, das feiras, romarías, portos, pazos, castelos, fontes etc...Participan nesta colección fotógrafos da época: ELISARDO ALVARO VIDAL de Vilagarcía, SATURNINO CAL MUIÑOS de Redondela, ELADIO CORNIDE de Lugo, PEDRO FERRER de A Coruña, ARTURO F.DEL VALLE de A Guarda, BERNARDINO GONZÁLEZ de Ferrol, CARLOS GRIMMlCH de Vigo, RAFAEL LORENTE de Pontevedra, ANTONIO LLOBET BISA de A Coruña, M.MAOUlElRA de Marín, JOSÉ PACHECO de Vigo, JOSÉ MARÍA PINA de Vigo, ISIDORO PRADA de Vilagarcía, MANUEL VAZOUEZ SEIJAS de Lugo e CANDIDO VIDAL de Ponteareas. Na cuberta de “Las Bellezas de Galicia” aparece un debuxo firmado por Mel da Catedral de Santiago de Compostela. Non hai unha data exacta da primeira edición pero parece ser despois do ano 1933. Este sería o segundo álbum en importancia despois do publicado polo fotógrafo Luis Ksado : “Estampas de Galicia” no 1936.

"Las Bellezas de Galicia" tería unha nova edición en 1966 da man de Cromoastur, esta vez a toda cor, baixo a coordinación de Luis Martínez Estrada e Juan Gil Lafuente. Está formada por 553 imaxes a cor,divididas en 45 series: SANTIAGO DE COMPOSTELA . A CORUÑA . O FERROL . POBLACIONS DE A CORUÑA . LUGO . POBLACIONS DE LUGO . OURENSE . POBLACIONS DE OURENSE . PONTEVEDRA . VIGO . POBLACIOES DE PONTEVEDRA . MONUMENTOS NACIONAIS . PRAIAS . CRUCEIROS . RÍAS ALTAS . PAZOS . SANTUARIOS E MOSTEIROS . PAISAXES DE RÍOS . CASTELOS . PORTOS . PONTES ROMANAS . RÍAS BAIXAS . ILLAS. As estampas son de Enrique Caballero e Paisaxes Españois para Cromoastur S.L.


Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-01-2015 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro Otto Wunderlich


Otto Wunderlich chega a Madrid no ano 1914, despois de vivir en Inglaterra e Francia, aínda que sempre mantén contactos con Alemaña de onde é nativo e Suíza, país natal da súa muller.
Dedicouse a fotografía de encargo, para revistas como Branco e Negro, A Esfera e O Mundo, editoriais de importancia como Espasa ou Labor; esta última, o ano 1928 publica a primeira edición da gran obra “Xeografía de España” , da que Wunderlich é destacado colaborador.
Tamén fai traballos para institucións culturais vinculadas co turismo e para empresas como Hidroeléctrica Española.
Otto Wunderlich foi un magnifico técnico e artista que nos deixou un prezado documento artístico da realidade de España do primeiro terzo do século XX. Nas súas fotografías percíbese unha destacada sensibilidade polas instantáneas de xentes, paisaxes e monumentos. Estas de Combarro foron realizadas entre 1928 e 1936 cando o fotógrafo se desprazou por distintas vilas e cidades do Estado.

O pé da porta tamén en https://www.facebook.com/opedaporta.blogoteca
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 07-12-2014 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro no arquivo Pacheco

O Arquivo Fotográfico Pacheco representa a máis completa colección de recursos fotográficos sobre a cidade de Vigo en particular e sobre Galicia en xeral de titularidade pública. Consta de placas de cristal, negativos, positivos e outros materiais en diverso formato ata un total de 100.000 imaxes entre os anos 1900 e 1970. A autoría das fotografías corresponden a varias xeracións de fotógrafos da mesma familia. A adquisición prodúcese por contrato de compra aos herdeiros dos fotógrafos, en maio de 1991.
Na imaxe gif, unha serie de 6 fotos entre os anos 1930 e 1961 pertencentes o arquivo fotográfico do diario ABC ( levan marca de auga ) e 1 da praza da fonte datada en 1925 que é copia dun cromo.
Xaime Pacheco
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 12-11-2014 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Salteamos na sartaña. Receitas de outono.

Variado de setas con mazá sobre leito de masa filo.

Salteamos na sartaña as setas despois de limpas e media mazá cortada en anacos, en metade de aceite e manteiga, nesta ocasión utilicei lepiota procera, cantharelus cibarius, lactarius deliciosus e lacaria amatista. Salgamos.
Enfornamos un molde con pasta filo, e cando comeza a coller color a pasta, engadimos un ovo batido o revolto e extendémolo no molde ata acabar a cocción. Agradábel é o padal o crocante da pasta misturado co revolto.

Tartaletas de boletos e langostinos.

Salteamos na sartaña os boletos e os langostinos con manteiga e sal ata que estean ao punto. Retiramos e deixamos arrefriar. Misturamos cun ovo e batemos ata conseguir unha masa uniforme.
Estiramos a masa follada previa desconxelación e cortamos en círculos para adaptalos ao molde das tartaletas. Enfornamos, a media cocción, reenchemos coa masa. Deseixamos ata que adquiran unha cor tostada. Pódese xantar frío ou preferiblemente quente. Para esta receita podemos utilizar os boletos que pola súa textura sexan menos agradábeles ao padal, como por exemplo, os boletos baios.

Tostas de níscalos, arenques e queixo de Palo Santo.

Salteamos na sartaña os níscalos para sacarlle o auga e retirámolos; na mesma sartaña botamos media culler de aceite e quentamos os arenques ( mal chamados, xa que son xoubas salgadas e os arenques son outra especie de peixe). Limpamos os arenques das escamas e espiña. Na hora de comer, misturamos níscalos, arenques e queixo na sartaña ata que se funda o queixo , presentando sobre unha rebanda de pan previamente tostado.
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 07-11-2014 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Coral de Ruada

Xabier Prado Rodríguez “Lameiro”, Virxilio Fernández González, Xulio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla reúnense nunha casa da avenida de Zamora, propiedade deste último e chamada “Villa Joaquina”, para fundar o CORO DE RUADA. Era o 5 de outubro de 1918.

WED DA CORAL A RUADA
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 02-11-2014 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [28]
© by Abertal

clocks for websitecontadores web