O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Gaiteiros de Soutelo en Combarro

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 05-10-2015 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro no "Estampas de Galicia"

Estampas de Galicia foi un proxecto fotográfico de Luís Ksado (Ávila 1888-Ourense 1972) editado en 1936, que consistía nunha colección de 405 imaxes en formato de cromos para pegar nun álbum .Editáronse 10.000 exemplares que alcanzaron unha gran difusión en poucos meses. Os cromos conseguíanse mediante uns vales que se entregaban ao facer compras en ultramariños e tendas varias. O proxecto que avistaba a consecución de máis álbums e a distribución a outros países, de aí que na portada poña álbum nº 1, foi truncado polo incursión do fascismo e a consecuente guerra civil. Estampas de Galicia enxalza a riqueza etnográfica, monumental e paisaxística da nosa terra sendo un documento importantísimo do noso patrimonio fotográfico.
Dos 405 cromos, 5 corresponden a Combarro. Son os 5,6,7,8 e 9 da serie 25 compartida con Pontecesures.(expostos na foto superior xunto coa portada do álbum)
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-09-2015 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Patrimonio desaparecido

A Granxa.Sanxenxo.Anos 60.Patrimonio desaparecido
Hórreo de madeira sobre pés e tornarratos de pedra. Estaba situado case a beira da estrada ao lado da panadaría da Granxa. Sobre o tellado cabazas sostendo as tellas. A foto ilustra o libro do ano 1973 en formato guía turística "Pontevedra Rías Bajas" con textos de Alvaro Cunqueiro.Editorial Everest. A foto podería ser de Francisco Díez González, aínda que non descarto outros autores coma Oronoz ou Kindel. Ao fondo, o pobo de Raxó como se pode evidenciar na imaxe inferior tomada dende distinto ángulo, tamén de autor descoñecido.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-08-2015 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
A Entallada na Seca


A entallada é unha arte de pesca coa que se faenaba dende os meses de maio a setembro, pero eran xuño e xullo os meses máis frecuentes. Practicábase esta arte en marismas e enseadas de pouco desnivel ao fin de abarcar unha superficie máis ampla. Na cabeza da Ría de Pontevedra existían estes lugares, entre os principais estaban a Seca de Santa Clara e o da Santiña, ambos desaparecidos por modernas obras, tamén o de Lourizan e o dos Praceres ou Quitapesares. Pero a máis importante foi a da Seca , de Combarro, baixo o convento de Poio Grande, antes de beneditinos e agora de mercedarios.

O Atallo ou Entallada formase entre dous puntos equidistantes a uns 750 metros e arranca dunhas árbores a xunto a cruz de pedra de Labarcán e termina cruzando a Illa das Ratas, nunhas árbores ou rochas pertencentes a Campelo. Nos primeiros tempos solíase botar o antevéspera das festas de San Xoán e San Bieito, e as veces nas festas de San Pedro.

A posición do sitio ou Posta tomábase presentándose alí un barco con rede e durante tres días só podía pescar o primeiro que chegaba, posteriormente, sobre o ano 1915, xa se pedían permisos as Autoridades de Mariña.
O arte componse de 6o pezas de rede de 9 a 10 brazas da largo cada unha por 2,5 de alto con mallas, chouso ou laso (ríxido ou frouxo), estreito ou ancho, de entre 10 a 19 mallas ou claros en palmo ou cuarta. Os panos das pezas fanse ou proceden doutras artes
"Amistóranse" ou cósense as pezas unindo os seus bordes; amarrase o conxunto con dous fortes cabos chamadas trallas ou relingas. A superior a da cortiza e a inferior a da pedreira ou chumbeira. No centro leva 1 ou 2 vituróns, ou sexa, uns copes ou sacos acoplados a rede principal, de unhas dúas brazas de largo e cunha xareta na boca.
Sabedores de que os muxes buscan comida pola zona, o véspera, avísanse aos mariñeiros dos portos que acostuman en participar na entallada. Envíase o barco e as redes a Posta. Ao día seguinte, a “hora de rir a alba” , como din as antigas Ordenanzas do Gremio de Mareantes concorren os demais mariñeiros con botes, gamelas, redes, varais, cabos e estacas.
Xa reunidos, en baixamar, dedícanse a unir as pezas, colocar os vituróns e a repoñer as pedras pandulleiras que quedaren de anos ou séculos anteriores, unhas desaparecidas, outras enterradas ou cubertas pola area e todas forman como uns pasos en liña a través do mar.

Bótanse as redes fora dos barcos e lévanse nun carro de bois ou nos varais sobre os ombros, vanse deixando caer ao lado das pandulleiras o longo da praia e colócanse as trallas e o conxunto en forma de rolo ponse debaixo das pandulleiras de forma que quede ben suxeita a tralla inferior e algo o corpo da rede e a tralla superior. Os extremos deste conxunto amárranse composto por ambas trallas, amárranse as árbores ou as rochas. Os barcos quedan en seco e baleiros. Nisto consiste a primeira parte da faena trala cal os mariñeiros retíranse a almorzar e descansar.

Ao subir a marea acoden os peixes a comer e gozar da maior temperatura da auga e o momento de recorrer a liña da entallada cos barcos dando pequenos tiróns co fin de liberara a tralla superior e o corpo da rede, coidando de que a tralla inferior continúe ben suxeita ao fondo; constituíndo así o tabique que impidirá saír aos peixes entrados. Para impedir que os peixes salten por riba da rede, colócanse os varais atados en cruz, cravados no fondo e por parellas a un lado e a outro da arte e sobre a atadura sostense a tralla superior, quedando así como un metro sobre o nivel do mar. Esto chámase “aforquetar coas xangadas”
E por temor as correntes, os imprevistos augacentos, colócanse estais e dicir cabos dobres que por un extremo amárranse a pequenas estacas fixas na area e polo outro as distintas trallas. Tamén colócanse cabos que van dun lado a outro da arte para asegurar a estabilidade da tralla superior. Os extremos suxetanse a fortes estacóns. Para o mesmo obxecto utilízanse os risóns dos barcos cos seus respectivos cabos.A entallada xa quedou pegada.

A terceira e última faena consiste en vixiar dende os barcos e dende terra a entallada por si algunha acumulación de algas fan forza contra a rede ou algún imprevisto movemento de pedras que puidera comprometer o éxito. Segue a baixar a marea, os muxes intentan atravesar a rede, moitos quedan nos viruróns, estes son erguidos e volteados os copes, previa abertura da xareta, dentro das embarcacións. Na baixamar e o momento de máxima animación, dende os lugares circundantes acude a xente a praia descalzos e arremangados armados de paus para matar aos muxes coa intención de levar algún aínda que sexa agachado.Voces,berros,xuramentos, empuxóns, é un ir e vir pola praia sobre todo nas zonas onde queda algo de auga, buscando cos pés as camas das sollas e dos chocos. Pouco a pouco vaise recollendo o peixe que queda ao lado da rede e levase aos barcos próximos. A clase de peixe recollido son muxes nas súas diferentes variedades denominadas como de albores de pinta amarela na cabeza; negróns de lombo escuro; galudos e atens, que son os que máis saltan; tamén algunhas rabalizas, chocos e sollas.
Só falta desamarrar as pezas, recoller as redes e transportalas da mesma maneira aos barcos, xunto cos varais, trallas,estais e rizóns para coller rumbo os portos respectivos. A xente próxima regresa a pé.
A operación non se realiza ata dentro de días xa que onde se botou ou pegou a entallada quedan limos e fresquío dos peixes a baterse entre eles, pudendo isto alertar os peixes.
Si a Entallada foi organizada polos mariñeiros da Moureira, son encargadas as mulleres dos patróns, As Amas, da venda do peixe. O produto repártese da seguinte maneira: cada mariñeiro unha parte, cada bote ou lancha outra, cada chalana ou gamela, media;cada pano de rede, media; cada viturón, tres cuartas partes; o home do carro de bois e os axudantes que contribuíron ao lance,dáselles unha parte de peixe máis grande ou pequena segundo a cantidade tomada, o bastante como para unha caldeirada.Os da Moureira tamén fan caldeirada nunha casa ou na taberna despois de desamarrar e secar as pezas, levalas a súas respectivas adegas e de recoller e repartir os varais, cabos etc..a seus donos. Na entallada en Combarro había personaxes con alcumes como “O Maleta” ou “ Salgueiro o torto” que tiñan fama de mal augueiros cando participan nela.

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 06-08-2015 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Eric Burdon en Vigo


Letra en español da canción de The Animals, House of the rising sun

Hay una casa en Nueva Orleans,
la llaman "El Sol Naciente",
y ha sido la ruina de muchos pobres chicos.
Dios sabe que yo soy uno de ellos.
Mi madre era sastre,
ella cosió mis nuevos pantalones vaqueros,
mi padre era un jugador,
ahí abajo en Nueva Orleans.
Ahora, lo único que necesita un jugador,
es una maleta y un maletero (de un coche).
Y el único momento en que está satisfecho
es cuando está en una borrachera.
Oh madre, dile a tus hijos,
que no hagan lo que yo he hecho,
gastar sus vidas en pecado y miseria,
en la casa del sol naciente
Bueno, tengo un pie en el andén,
el otro pie en el tren.
Voy de vuelta a Nueva Orleans,
a ponerme esa bola y esa cadena (de preso).
Hay una casa en Nueva Orleans,
la llaman "el Sol Naciente",
y ha sido la ruina de muchos pobres chicos.
Y Dios, sé que yo soy uno de ellos.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 03-08-2015 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Ensaios combarreses I

Si a pluma de D. Ramón Otero Pedrayo na súa Guia de Galicia (1926),representa a máxima exaltación descriptiva de Combarro como pobo; pareceume non menos importante a realizada por Carlos Martínez Barbeito na guia chamada Galicia (1957) de editorial Destino, ilustrada por Ramón Dimas.

"Na mesma marxe norte da ría, hai un pobo, Combarro, no que unha inspiración anxélica parece que guiou a man de campesiños e mariñeiros que trazaron as súas rúas e construíron as súas casas. Pedra e cal, en perfecta harmonía, logran uns efectos inesperados de graza única. Patíns,balaustradas, soportais, balcóns,galerías desarróllanse acorde cunha movida liña barroca, do máis autóctono, espontáneo e popular barroquismo; o mesmo trazado das pequenas rúas irregulares, congostras, pavimentadas algunhas , con grandes pedras, acredita un instinto de beleza que obriga a quitarse o sombreiro aos petulantes arquitectos que se desfollan sobre os tratados e as láminas. Un elemento de singular poder decorativo proporciónano os graciosos hórreos na mesma beira do mar. Poucas veces o arte popular chegara alcanzar tales cumes de intuitivo bo gusto. Toda a mariñeira e campesiña vila, transcendida do olor a pino,a mariscos e algas, atrae con un encanto irresistible".
Traducido do orixinal en español. Foto: Redeira. Ramón Dimas
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 14-07-2015 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
RÉV MIKLÓS FOTÓGRAFO

Rév Miklós ( Sátoraljaújhely 1906 - Budapest 1998 ) foi un fotógrafo húngaro.

Estudou na Facultade de Artes. En 1923 comeza a tomar fotografías. Entre 1925-1926 vive en Luxemburgo . En 1934 converteuse en membro do Grupo de Artistas Socialistas. Entre 1945-1947 traballa de fotoperiodista, sendo director da revista MAFIRT. Dende 1948, traballou como columnista nos xornais "O Pobo Libre" e "Népszabadság". En 1955 viaxa a China. Dende 1957 foi membro da Asociación de Fotógrafos Húngaros da que foi presidente dende o 1965. Seus libros máis importantes son Tibet (1957),Budapest (1959) e Vietnam (1960).
RÉV MIKLÓS, FOTOGRAFIAS
RÉV MIKLÓS, FOTOGRAFÍAS
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-06-2015 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Camila ¿Que fixeches?

Os recordos ou souvenirs son obxectos que identifican o noso paso como turistas nun determinado destino.Teñen a característica de ser de pequeno tamaño e baratos. Mercándoos reafirmamos a nosa viaxe, ben ante nós mesmos, ou ben ante á persoa que queremos agasallar. Este, sen fin de produtos , camisetas con indicativos do lugar, trapos ou mandís alusivos a comidas típicas, imáns, chaveiros, postais, cerámicas, un cacho do muro da vergoña, a representación da torre Eiffel, da roxa cabina telefónica inglesa ou dun flamante hórreo galego, recórdanos a estancia do lugar onde estivemos, sobre todo o final dela, xa que soemos mercar estes nas últimas horas cando xa o vivido é pasado.
Tódolos centros históricos de calquer pobo, vila ou cidade, pero tamén puntos de interese turísticos máis apartados, ademais de estacións de bus ou metro e aeroportos contan con algunha destas tendas dedicadas a ofrecernos estes obxectos.
A proliferación de establecementos dedicados a venda de souvenirs está favorecida pola diminución do poder adquisitivo do viaxante,directamente relacionada pola crises económica mundial. Consecuencia da masividade destes negocios é a diminución da actividade comercial tradicional, alí onde houbera, que competería evidentemente con prezos máis caros.
Ninguén dubida que estes comercios son beneficiosos para a economía familiar e local, pero o seu aspecto negativo, a miña maneira de ver, non só é a perda da identidade cultural ( enténdase idioma , gastronomía etc...) do lugar en cuestión, senón tamén a repercusión a medio prazo de rexeitamento deses produtos e por tanto dos sitios que os identifican. Por outra banda, o souvenir unha vez chegado o destino, identificaría máis o viaxante que o merca que o lugar turístico de procedencia.

Camila foi a pioneira do comercio de recordos en Combarro, na súa casa, enriba do mesado do cruceiro da Praza da Fonte, ofrecía os turistas pouco máis que cunchas de vieira, buguinas, chupa-clup, chicles e pipas..
CAMILA, UN SOUVENIR PARA TI,... ALÍ ONDE ESTEAS...

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2015 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [29]
© by Abertal

clocks for websitecontadores web