O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Yo amo a Galicia como el que más

“Yo amo a Galicia como el que más” Velaquí o tópico o clixé, a frase estereotipada conque tódolos malos galegos queren disimular a súa falla de conciencia patriótica.
Cando un señor calquera ceiba estas verbas hipócritas: “Yo amo a Galicia como el que más” é seguro que, de palabra, de pensamento ou de obra, vai cometer unha traizón contra da súa Terra.
As verbas “Yo amo a Galicia como el que más” denuncian ao verdadeiro galeguista, a presencia indubidable dun inimigo de Galicia.
Agora coma sempre, pero máis neste instante álxido e cheo de perigo, está aberta a loita entre nós e os “ aman a Galicia como el que más”
O centralismo ten o preito perdido en Cataluña e máis en Vasconia, pode que o perda tamén en Andalucía. Non pode por menos de acugular todo o seu esforzo en Galiza, única esperanza que xa lle queda. Para vergoña nosa,aínda pode contar aquí o centralismo con fundadas esperanzas: conta con un só home, cos que "aman a Galicia como el que más" . A loita está aberta; se triunfamos nós, a verdade farase patente e os que " aman a Galicia como el que más"ficarán expostos a eternal vergoña. Se triunfan eles, como pode acontecer, nós teremos a conciencia do deber cumprido, e eles, os hipócritas, os descastados, seguirán amando a unha Galiza probe,humildosa, esquecida, sen liberdade, sen dignidade, sen prosperidade.
Galiza morrerá para sempre afogada polos que " aman a Galicia como el que más"
VICENTE RISCO
Comentarios (1) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 11-12-2015 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
A Rúa 1948

Entre os fotografos profesionais da postguerra española que captaron o tipismo das casas, hórreos, embarcacións e rúas de Combarro para espallar a súa importancia como conxunto etnográfico foi Juan Pando.

Juan Miguel Pando Barrero (Madrid 1915-1992) foi un fotógrafo español que iniciou unha nova forma de reporterismo de guerra. Discípulo de Mariano Moreno, coñecido fotógrafo madrileño, foi contratado pola axencia Associated Press, para a que traballou en exclusiva, realizando magníficas fotografías durante a Guerra Civil, que foron publicadas no ABC de Madrid y nos xornais Ahora e La Voz.
Terminada a guerra, Pando fundou una axencia gráfica que levou o seu nome, na que encontraron traballo algúns profesionais da prensa perseguidos nesa época. Ao concluír a II Guerra Mundial, volveu Pando a súa traxectoria artística, que ampliou coa industrial e publicitaria. En vida foi máis coñecido pola súa labor como fotógrafo de arquitectura, arte e industria que pola extraordinaria labor etnográfica, monumentalista y paisaxística.
Pando no publicou ningún libro y só montou unha gran exposición: «Fotografía, Luz y Vida», en 1968. Seu arquivo, ampliado cos traballos do seu fillo, foi adquirido polo Estado en 2003 consérvase no Instituto do Patrimonio Cultural de España, no Árquivo Pando, con sede en Madrid e constitúe unha dos principais testemuñas gráficas de España entre 1936 e 1993; e de Marrocos entre 1949 e 1977. Juan Pando estivo en Galicia no ano 1948.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 01-12-2015 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Oronoz

Combarro. Pontevedra. Anos 60
Arquivo Oronoz
ORONOZ
Juan Antonio Fernández-Oronoz Nieto,naceu en Girona no 1933, fillo do fotógrafo Juan Fernández Oronoz (1904-----). Percorreu España realizando traballos por encargo para a firma Mas de Barcelona e a editorial Espasa-Calpe de Madrid.
Os negativos en branco e negro captados naquela etapa constitúen hoxe unha colección de gran valor documental. Suman máis de 100.000 unidades de temática diversa, predominando as paisaxes urbanos e rurais, monumentos e tipos populares, ademais dun conxunto de tomas que son importantes para o estudo da imaxe publicitaria de dúas décadas. A principios dos anos sesenta comezou a traballar a cor, formando un dos primeiros arquivos de diapositivas.
O fondo actual do arquivo Oronoz aproxímase as 150.000 diapositivas en diversos formatos.



https://www.facebook.com/photo.php?fbid=1684356825183874&set=a.1406250182994541.1073741828.100008287178387&type=3&theater
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 09-11-2015 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
SOS Combarro

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 05-11-2015 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Céltiga

Na foto "Lolita",filla de Germán Diaz portando un exemplar de Céltiga.

Céltiga, revista galega de arte, crítica, literatura e actualidades,editada en Buenos Aires, foi o punto de encontro da intelectualidade galega residente en Arxentina entre 1924 e 1932. Eduardo Blanco-Amor, Eliseo Pulpeiro e Ramón Suárez Picallo foron os directores literarios dunha publicación pola que desfilaron Castelao, Maside, Suárez Couto, Francisco Asorey, Luis Bouza Brey, Ramón Cabanillas, Ramón Lorenzo etc... etc...
Entre os colaboradores gráficos cabe citar a Jaime Pacheco, Luis Ksado, Francisco Varela Pose, Antonio Teijeiro, Angel Blanco Villar, Gemán Díaz Baliño, Daniel Buján, Andrés Martinez e Manuel Sales.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2015 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Os Gaiteiros de Soutelo en Combarro

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 05-10-2015 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro no "Estampas de Galicia"

Estampas de Galicia foi un proxecto fotográfico de Luís Ksado (Ávila 1888-Ourense 1972) editado en 1936, que consistía nunha colección de 405 imaxes en formato de cromos para pegar nun álbum .Editáronse 10.000 exemplares que alcanzaron unha gran difusión en poucos meses. Os cromos conseguíanse mediante uns vales que se entregaban ao facer compras en ultramariños e tendas varias. O proxecto que avistaba a consecución de máis álbums e a distribución a outros países, de aí que na portada poña álbum nº 1, foi truncado polo incursión do fascismo e a consecuente guerra civil. Estampas de Galicia enxalza a riqueza etnográfica, monumental e paisaxística da nosa terra sendo un documento importantísimo do noso patrimonio fotográfico.
Dos 405 cromos, 5 corresponden a Combarro. Son os 5,6,7,8 e 9 da serie 25 compartida con Pontecesures.(expostos na foto superior xunto coa portada do álbum)
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-09-2015 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Patrimonio desaparecido

A Granxa.Sanxenxo.Anos 60.Patrimonio desaparecido
Hórreo de madeira sobre pés e tornarratos de pedra. Estaba situado case a beira da estrada ao lado da panadaría da Granxa. Sobre o tellado cabazas sostendo as tellas. A foto ilustra o libro do ano 1973 en formato guía turística "Pontevedra Rías Bajas" con textos de Alvaro Cunqueiro.Editorial Everest. A foto podería ser de Francisco Díez González, aínda que non descarto outros autores coma Oronoz ou Kindel. Ao fondo, o pobo de Raxó como se pode evidenciar na imaxe inferior tomada dende distinto ángulo, tamén de autor descoñecido.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-08-2015 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [28]
© by Abertal

clocks for websitecontadores web