O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Portfolios

Portfolio Galicia foi unha produción comercial de Pedro Ferrer comezada no ano 1902, que constaba de fotografías propias e de outras de fotógrafos afeccionados, recopiladas entre os anos 1902 e 1904 e que pretendía ser a súa gran obra. A edición é de 42 fascículos por entregas quincenais co título de Portfolio Galicia, Naturaleza y arte. Pueblos, paisajes, marina, fábricas, edificios. Monumentos y obras de arte, cuadros de costumbres, retratos, etc. Con notas de varios escritores regionales. Cada fascículo presentaba 12 fotos, tamaño folio, con texto explicativo da imaxe a pé de foto. O conxunto total son dous tomos; o primeiro composto de 24 fascículos e un caderno apéndice dedicado ao “Sanatorio La Benéfica de la Habana”. As tapas de cartón para a encadernación do primeiro tomo saen no 1904; as do segundo non chegaron a publicarse, como nin tampouco a totalidade dos fascículos que quedaron reducidos a só 17.

Portfolio fotográfico de España
Foi unha colección de fascículos monográficos de fotografías de toda España editados en Barcelona por Alberto Martín e textos de Ceferino Roquafort no ano 1917. Trátase de fascículos apaisados de 14x19 cm de 38 páxinas e 16 fotografías de capitais de provincia, vilas e pobos; o seu prezo era 50 cmts. Ademais das fotos incluia láminas con mapas de carreteras e ferrocarril así como datos demográficos. As imaxes non se acompañan do autor nin data de realización, considerando deste feito que aditorial tiña os seus fotógrafos propios que se deprazaban polas diversas comarcas e tamén mercaría imaxes a fotógrafos famosos de proximidade coa provincia a que se refiria en cuestión o coleccionable. Só a portada estaba editada en cor e era na última páxina onde se propagandizaba a colección. Os caderniños das catro provincias galegas estabán incluidos no tomo III.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2016 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Abelenda Zapata

A Rualeira (Combarro) 1942.Óleo

Manuel Abelenda Zapata, ( A Coruña 1889 - 1957 )
Nado nunha familia moi humilde e iniciouse en traballos artesanais antes de entregarse á pintura; os únicos estudos relacionados con esta arte fíxoos na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal a partir de 1903, na que pronto destaca e obtén os modestos premios da época. Cun complemento económico concedido polo Concello da Coruña e mais a Deputación Provincial viaxa en 1909 a Madrid, onde se integra nos ensinos do Círculo de Bellas Artes. En 1913 viaxa aRoma para estudar na Academia de España, como bolseiro da Deputación, pero regresa a España ó ano seguinte.
En 1923 casa con Obdulia Freire Mariñas, unha moza de Perillo (Oleiros), onde fixará a súa residencia ata o momento da súa morte.
A partir deses anos realiza numerosas exposicións en cidades galegas (A Coruña, Vigo, Ferrol, Santiago etc.), Madrid e Barcelona, sendo considerado pola crítica da época un dos primeiros intérpretes da paisaxe galega. Novamente, cunha bolsa da Deputación coruñesa, viaxa a Italia, Suíza e Francia en 1930.
A Guerra Civil sorpréndeo en Madrid, onde se atopaba opositando a unha cátedra de profesor de debuxo, e permanece en Madrid ata 1939, data na que regresa á Coruña.
Continúa participando con éxito en diferentes exposicións (Vigo, 1940; Madrid, 1941; Barcelona, 1942; Oporto, 1942; Bilbao, 1945 etc.) e recibe terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes de 1943, polo seu cadro Mañana de octubre desde mi estudio. É nomeado académico de número da Academia Provicial de Belas Artes da Coruña (1941) e académico correspondente da Real Academia Galega (1946).
En 1957 morre repentinamente na súa casa de Perillo.
A súa obra móstrase en Europa e América, de feito, en museos de Sudamérica figuran obras súas, así como no de Arte Moderna de Madrid e nos de Galiza.
Abelenda foi por completo alleo a todas as innovacións europeas do seu tempo. Pola contra, apegado á paisaxe da súa terra, interprétaa con modos técnicos emparentados coimpresionismo e cun sentimento lírico intimista, de raíz literaria.
WIKIPEDIA
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 14-05-2016 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Guías de Galicia.Editorial Everest



A Editorial Everest foi fundada na cidade de León por Luis José Antonio López, recen comezados os anos 60. En 1961 saia a súa primera publicación, un Diccionario Básico de Lingua Española, e no ano siguinte un Manual de Cociña Práctico, que tivo moito éxito e do que se publicaron varias edicións. Con máis de 4.000 referencias publicadas a empresa chegou a converterse nunha das editoriais de referencia.
O Grupo Everest chegou a estar constituido por cinco marcas distintas: Editorial Everest, a insignia do grupo; Edicións Aizkorri Argitaletxea, dedicada á publicación de literatura infantil e xuvenil en euskera; Edicións Cadí, co mesmo obxetivo en lingua catalana; Everest Editora, con sede en Portugal, publicaba en portugues, libros de cociña, manuais, guías turísticas e literatura infantil e juvenil; e o quinto, Everest Galicia con sede en A Coruña, encargada de publicar en galego literatura, diccionarios, libros de texto e recetarios de cociña.
As guías turísticas foron unha das publicacións máis destacadas da editorial, estas, nacen aparelladas a promoción turística impulsada polo Ministerio , dunha España necesitada de lavar a mala cara do franquismo e de estimular o primeiro dos recursos económicos cos que contaba nesa época.
Everest editou guías das principais cidades e vilas galegas, entre elas, polo número de edicións e traducións a outros idiomas, así como polos autores dos textos , destacan a de Ourense con textos de Ramón Otero Pedrayo e fotografías de Salas-Perla,Francisco Díez, Carlos Carrasco, Oronoz, Ciganovic e axencias; Vigo e a súa ría e Pontevedra, Rías Baixas con textos de Alvaro Cunqueiro e fotos de Oronoz, Catalá-Roca, Kindel, Magar, Arxiu Mas, Bene, Marqués de Sta. María del Villar, Ocaña, Ciganovic, Zubillaga, Juan M. Ruiz e axencias; Lugo con textos tamén de Alvaro Cunqueiro e fotos de Francisco Diez, Oronoz, Juan José, Arcadio e Paisajes Españoles; A Coruña con textos de Miguel González Garcés e fotos Manuel Ferrol, Carlos G. García Santiso, Arxiu Mas, Catalá- Roca e arquivos de axenciás e institucións. Ademais Everest publicou guias de O camiño de Santiago,O Parador Conde de Gondomar e Hostal dos Reis Católicos,Tui, Ferrol. E xa nos anos 80 e primeiros dos 90, outras tantas de Monforte,Vilalba Betanzos,Portomarín, Celanova, Chantada, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Lalín, Paradela, Pantón, Palas de Rei.....
En 2015 tras medio século de historia a editorial Everest foi declarada en concurso de acreedores.
.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-05-2016 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
José Ortiz Echagüe

Hórreos . Combarro. Primeira mitade do s.XX

José Ortiz Echagüe, ( Guadalaxara 1886 - Madrid 1980 ), foi un enxeñeiro militar, piloto e fotógrafo español.
No campo da fotografía artística é quizais o fotógrafo máis popular e un dos máis recoñecidos internacionalmente. En 1935 a revista American Photography considerouno un dos tres mellores fotógrafos do mundo. Algúns críticos considérano o mellor fotógrafo español ata o momento, o cal é máis meritorio porque a fotografía foi unha afección á que dedicaba intres libres, especialmente os fins de semana e durante as súas viaxes. Desde o punto de vista artístico e pola súa formación e temática poderíaselle considerar o representante da xeración do 98 na fotografía. Adóitaselle encadrar dentro da corrente fotográfica do pictorialismo, sendo o mellor representante do chamado pictorialismo fotográfico español, aínda que esta denominación non lle gustaba a Ortiz Echagüe. A súa obra fotográfica enfocase cara á plasmación dos caracteres máis definitorios dun pobo: os seus costumes e vestimentas tradicionais e os seus lugares. Consegue expresar coas súas fotografías unha expresión persoal máis próxima á pintura, case sempre mediante efectos durante o positivado.
El mesmo fixo unha clasificación das súas obras ao agrupalas en catro libros: Tipos y Trajes (1930), España, Pueblos y Paisajes (1939), España Mística (1943) e España, Castelos y Alcázares (1956). A estas coleccións débense engadir outras dúas series: Marruecos e fotos familiares.
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 22-04-2016 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Maside. Combarro 1952


https://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Maside
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-04-2016 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Alfredo Souto Cuero

Praza da Fonte. Combarro. 1904
Imaxe da pintura de Alfredo Souto Cuero recollida na revista "La ilustración española y americana"


Alfredo Souto Cuero nado en A Coruña 1862. Cursou estudos xurídicos e accedeu á maxistratura, que exerceu en Pontevedra, Sevilla e outras cidades de España. Alternou seus estudos de leis cos da pintura na Escola Superior de Pintura e Escultura de Madrid. Foi discípulo do pintor, temén coruñés, Román Navarro.
Concurre as Exposiciòns Nacionais de Belas Artes, nas que consiguiu condecoracións nas de 1899 e 1901, e terceiras medallas nas de 1892 e 1895, sempre con paisaxes dos lugares onde reside pola súa condición de maxistrado.
Ocasionalmente resideu en Lugo e en A Coruña, e dende 1920 en Sevilla. O seu rastro perdese nos últimos anos de súa dilatada vida. Falece en Sevilla en 1940, cando seu fillo Arturo Souto Feijoo, o máis grande pintor da Galicia contemporánea, atópase exiliado en México como consecuencia da guerra civil.
La obra de Souto Cuero atópase en museos de Galicia e de outras cidades de España, así como en importantes coleccións particulares. Son notables a Paisaxe de Cañotas (Museo Provincial, A Coruña), así como o Retrato de Antonio Cánovas del Castillo (Casa Consistorial, Vigo).
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 27-03-2016 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
New Shoes

Werfel é un neno de seis anos acollido no orfanato Am Himmel de Viena. É o ano 1946, un ano despois de rematada a Segunda Guerra Mundial e a Cruz Vermella Americana trae a Santa Claus os nenos europeos que sobreviviron ao terror.
Gerald Waller , o fotógrafo, toma esta imaxe publicada por primeira vez na revista LIFE o 30 de decembro de 1946 e posteriormente o 24 de de setembro de 1951.
Tiña esta imaxe dende fai algún tempo nun cartafol do meu PC. Detervos a ollala un intre e reflexionade sobre ela. Non é menos que emocionante. Preguntarvos como o agasallo dun par de zapatos pode expresar tal morea de alegría, sen en realidade ter unha falta extrema deles.
A miña, estou só, pero alguén pensa en min.
Eu penso en poñerlle música a esta foto e non precisamente a dos dous grandes grupos que a utilizaron para as portadas dos seus discos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-03-2016 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro nas tarxetas postais III

Praza de Fonte. Combarro. Anos 60/70
EDICIONES ALARDE

"Ediciones Alarde" foi fundada no ano 1949 en Oviedo por Luís Martínez de Estrada, baixo a razón social de "Publicidad Alarde", dedicándose prioritariamente á edición de postais. En 1962 iniciou a publicación de postais en color que se comercializaban en tódalas cidades e vilas de España. Producía e distribuía postais para consumo de souvenirs, fenómeno de gran éxito nos anos da eclosión turística, ala polo sesenta e setenta. Este repertorio de imaxes inclúe todo tipo de vistas (parques, rúas, prazas, edificios máis representativos, panorámicas, vistas aéreas…) de cada localidade.
En 1972 adquire a empresa José Manuel Menéndez Álvarez que a mantivo en activo ata 2001.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 13-03-2016 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web