O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

De "Á LUS DO CANDIL" a " LUCE TEU POBO"

Funme á beiramar, terra leda, pra esquencer aquil amor disgraciado. A disgracia daquil amor non fai ó caso. Non tiña outra cousa que faguer. Había deixado os estudios. Despóis, iríame pra as Américas. Vendera unhas leiras, e díranme máis de vinte mil reás por ilas.Non voltaría para Ameixende hastra o outono. Tiña sempre diante min a cara de Rosario. ¿ Qué lle importa a naide quén era Rosario? Fun a Pontevedra, a Marín i a Combarro. Mais a comtempración do mar dábame unha gran tristura. Iba daquí pra aló buscando o que non atopaba en ningures: a calma do esprito.

Así comeza o conto "Aleluia" incluido no libro de Ánxel Fole "Á lus do candil" editado en 1953.

¡A UN CHISCO ESTAMOS DE QUE ESA LUZ SEXA MOITO MÁIS INTENSA!
¿ALGUNHA DÚBIDA PARA VOTAR?


Foto: "Combarro nocturno" Un lenzo do recentemente falecido Pedro Solveira
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 29-11-2017 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
A voltas co Museo do Mar

Non farían falla moitos recursos económicos, para conservar permanentemente esas embarcacións de madeira, que día a día están condenadas ao abandono, o podrecer e á destrución. Sabemos que en canto desaparezan, xa non haberá carpinteiros de ribeira nin entidades dispostas a gastarse unha morea de cartos para construílas para mera exposición.
No entanto, unha man de patente e pintura periódica a cada unha deses botes e chalanas que están na cola do exterminio, permitiría telas en exposición permanente na rampla de Chousa, onde estiveron dende séculos pasados . Sería, esta actuación o inicio do futuro proxecto do " Museo do Mar de Combarro", que nun principio tería a característica de ser vivo,material e transformable pero que os poucos continuaría o súa andaina ata conquerir xunto co patrimonio inmaterial, contando sempre coa xente do mar, un conxunto que ademais de actuar como un gran atractivo turístico, recuperaría e exaltaría o noso patrimonio mariñeiro para xeracións vindeiras.

Outros enlaces sobre o tema:
O Combarro de Manuel
¿E por que non?
As chalanas
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 04-11-2017 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
O Combarro de Manuel

Combarro.1968.Foto de Manuel Chamoso Lamas

Manuel Chamoso Lamas ( La Habana , Cuba 1909 - A Coruña 1985 ) dende o seu cargo na Dirección Xeral de Belas Artes, foi o principal impulsor dos Museos de Artes e Costumes Populares. Sendo consciente da grave ameaza da desaparición do Patrimonio, proxecta a creación destes museos, a nivel estatal, para o mantemento e conservación dos bens patrimoniais, tanto materiais como inmateriais.
En Galicia, O Cebreiro, Ribadavia e Combarro serían os pobos escollidos nun principio para a consecución deste proxecto. Os dous primeiros teñen, hoxe en día, cada cal Museo Etnográfico pero en Combarro non se chegou a ultimar, pese a xa ter adquirido pola Deputación Provincial un edificio onde ubicalo, actual Ateneo Culltural. Manuel Chamoso Lamas fotografou rúas, hórreos e cruceiros de Combarro no 1968.

En palabras de Chamoso:"Combarro é o máis típico dos pobos mariñeiros de Galicia...pobo de longas e torcidos rueiros, de vellos empedrados e casas con populares solainas e soportais que alternan con outras de arquitectura señorial con innumerables e multicores embarcacións a sombra dos pétreos e gracies hórreos onde se tecen e armán os complicados artificios de pesca, dende o simple sedal e férreo anzol ata o aparello de arrastre de hábil manexo...
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 13-10-2017 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
A propósito dunha exposición

A exposición homenaxe a Luis Pintos Fonseca foi inaugurada o luns 17 de xullo do 1967 no Museo de Pontevedra, nela presentouse un total de noventa e dúas obras do crego e artista pontevedrés. O prólogo do catálogo da exposición inclúe dúas crónicas sobre a vida e obra do pintor, unha de José Filgueira Valverde, director do Museo, que fora escrito no ano 1959, ano da morte de Pintos Fonseca e outra asinada por Sánchez Cantón en Madrid no ano 1946. A exposición contou con practicamente o obra completa de Pintos, nela Combarro estivo representado con nove debuxos a lapis, dous óleos sobre cartón ( ambos sen sinatura) e unha acuarela titulada "Rincón de Combarro" do ano 1946. Na foto superior, do Faro de Vigo da época, aprécianse varios dos debuxos expostos de Combarro.
Catálogo da Exposición-Homenaxe a Luis Pintos Fonseca
Luis Pintos Fonseca
Combarro en Ollar Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 07-09-2017 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Gravados e fotos 1


Tiña datada esta foto de Jaime Pacheco publicada no Heraldo Deportivo en 1928, cando atopei este gravado de Cortés (debuxante, do que non teño ningunha información) editada na Voz de Galicia no ano 1925. Conclusión a foto é anterior o 28.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 17-08-2017 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Para encargos: teléfono 1827


Sayd de Juliis foi un pintor e debuxante italiano aveciñado en Vigo que dominando as técnicas de pluma, acuarela e óleos, prestábase a realizar toda clase de publicidade para empresas e particulares e tamén pinturas de retratos e paisaxes.
Colaborou coa RAIG ( Revista Artística Ilustrada de Galicia) revista editada en Vigo, fundada e editada por Carlos Bock Bremer que a vez era o propietario da mesma; de tirada mensual, tivo unha corta vida, dende xaneiro de 1935 ata o seu último número en xuño de 1936.
Sayd de Juliis escribiría en italiano unha crónica de Vigo onde facía un gran enaltecemento da cidade.
Sayd tamén quiso deixar plasmada na súa obra motivos da arquitectura popular galega en Combarro. Nas RAIG foron publicadas estas imaxes, ademais dunha foto da Praza de San Roque asinada por el.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 05-07-2017 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Cento e pico de palabras sobre a Casa dos Churruchaos



A casa dos Churruchaos foi construída por Don Paio e Don Gómez de Soutomaior a finais do século XV e primeiro terzo do XVI. O incendio causado polas tropas inglesas en 1710 e o descoido dos seus donos, foron a causa da parcial destrución desta obra do plateresco pontevedrés que se atopaba na rúa Chirino, nun solar situado entre a porta de Santo Domingo e as torres arcebispais desaparecidas. Alfredo Souto ocupouse no seu momento dun proxecto de reconstrución deste palacio .Créese que a súa traza e labra débense aos mesmos artistas das ventás da Capela Maior de Santa María a Grande.
No 1913, Agusto González Besada, político pontevedrés, que fora Ministro de Facenda no reinado de Alfonso XIII, fixo trasladar pedra a pedra parte da fachada deste palacio a súa finca en San Salvador de Poio para construír un edificio que sería destinado a biblioteca. Pasarían cento e pico de anos de abandono cando o Concello de Poio definitivamente recupera, rehabilita, e o usa actualmente como Casa da Mocidade.
Enriba do comentario, a esquerda , a casa na súa primeira ubicación en Pontevedra no ano 1898 do fotógrafo Francisco Zagala e a dereita a foto da súa reconstrución na finca de Augusto Besada en Poio entre o 1913 e o 1915, probable de Joaquín Pintos ou Lorenzo Novás.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2017 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro. Óleos e acuarelas de Manuel Abelenda

"Posta de sol en Combarro" obra o óleo, pintada sobre o ano 1940, elixida para ilustrar a portada do catálogo da Exposición realizada no Casino de Vigo en outubro do 1944 por Manuel Abelenda.Foi adquirida en Barcelona ao siguinte ano.

Biografía en O Pé da Porta http://www.blogoteca.com/opedaporta/index.php?cod=141394

Manuel Abelenda Zapata
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 06-05-2017 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web