O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha casa portuguesa

A cervexa tal cal un iceberg perdido no mar do Caribe estimulaba agradablemente as nosas gorxas nun día soleado outonal. Na praza a sombrilla do bar facía a función de perfecta aliada da antiga e popular bebida.Falabamos dela. O xantar, foi no típico Cortiço, presunto e queixo do pastor, chouriza con morcilla frita na sartén, bacalhau podre empodrecido na adega e pato asado. Ela deixouse entrever no marxen dunha pintura que prendía, da parede dun dos rincons do comedor, probemente enmarcada, carecía a primeira vista de interese artístico, o cadro, formaba parte da decoración do local que xunto con todo tipo de recortados papeis, abundando as servilletas, onde a modo de posit en paredes e teitos, os comensales dan manga solta as súas ideas agudizadas ou entorpecidas polo xerro do viño do Dao, como si de unha sobremesa literaria se tratase para escribentes, nobeles ou non, coa seguridade da súa publicación inmediata.
Ela é de tres andares e baixo, cada un deles diferente pero seguindo a mesma harmonía arquitectónica balcón de ferro a todo ancho con motivos sinxelos a modo de oito e porta central de acceso o mesmo con ventas laterais a ámbolos dous lados de cristais cuadriculados sobre madeira pintada de branco, destacando ademais na fachada azulexos con motivos de cor azul. O meu relato non quedou en Viseu, continuou pola Serra da Estrela que antes de atravesar de este a oeste detivémonos de obriga en Belmonte, pobo natal de Pedro Alvares Cabral, descubridor do Brasil no 1500, pobo con castelo, sinagoga e rabino con unha comunidade importante de xudeus que labraron a súa historia no pobo dende o S.XIII, comunidade que foi secreta durante séculos e que hoxe legal seguen as normas do Torá. En Belmonte viviu dende 1939 a 1940, segundo el o ano máis desgraciado da súa vida, o poeta e cantante José Afonso, home de corazón nobre con unha sensibilidade humana e visión social do seu pais sobre todo, pero tamén de Africa e do resto do mundo, home a quen eu admiro e a quen lle adico este relato, rematándoo cuns dos seus versos.


Amigo
Maior que o pensamento
Por essa estrada amigo vem
Não percas tempo que o vento
É meu amigo também

Em terras
Em todas as fronteiras
Seja benvindo quem vier por bem
Se alguém houver que não queira
Trá-lo contigo também

Aqueles
Aqueles que ficaram
(Em toda a parte todo o mundo tem)
Em sonhos me visitaram
Traz outro amigo também
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2009 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Starway to heaven




O sen nome ou Led Zeppelin IV, na súa versión USA, agasalloumo Cristina nun dos vrans que pasou en Galiza. Escaleira o ceo voltou este ano a ser ouro,o tema, foi escollido para a coreografia do equipo feminino español de natación sincronizada pra gañar o campionato do mundo. En boahora, o kasachov morreu, viva escaleira o ceo.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 23-10-2009 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
1,5 m

Metro e medio a dereita ou metro e medio a esquerda ilumínao unha luz de pila, pero dende a terra o ceo, só o sol e a lúa teñen esa competencia. Cleóbulo, un dos sete sabios de Grecia (os7sabios) que gobernou Lindos, na illa de Rodas, ala polo ano 600 a de C, defendía o aforismo que dicía “aceptar a inxustiza non é unha virtude senón todo o contrario”. A maldade como concepto que vai en contra do xusto, forma dualidade co ben e ámbolos dous están integrados no ente do ser humano, polo que a desobediencia a unha lei inxusta que permite un beneficio a un cidadán a costas da perda de outro, escurecería o delito e converteríase nun premio para a espiritualidade, entendida como realización humana. Refraneando, non hai mal que por ben non veña, fai pensar nas oscilacións que o ser humano sufre durante a súa cíclica vida pero tamén en sentido relixioso pode ser entendido como un desafogo ante o mal. A Cleóbulo tamén se lle atribúe a máxima “ A moderación é o mellor ” pero claro, iso foi fai dous mil seiscentos anos, hoxe que o sabemos todo, prevalecen varias que serven de ensinanza para perpetuar a ignorancia,…! Que pasa Nen….Que che pego leite…que se senten cona…e iso doe…… tremenme as pernas….¿quen me pon a perna enriba para que non erga cabeza?….e outras. Eu sigo.
os7sabios
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-10-2009 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
1959


1959 Annuntio vobis gaudium magnun.Habemus Meniño,habemos Kind of blue, habemus Jazz. Nacín con kind of blue, o disco máis importante do jazz e unha das grandes obras da música de tódolos tempos. O disco consta de cinco temas compostos e interpretados por Miles Davis, que para os non iniciados no jazz pode resultar difícil de escoitar, xa que esta composto con unha serie de improvisacións en escalas, chamadas modas, o cal da lugar a un desequilibrio auditivo que fai esquecerse da harmonía do tema. Pois para celebrar o noso cumpreanos vou contribuír a máis doada audición do disco baseándome no pé na porta, técnica de manipulación descrita por uns psicólogos franceses, que consiste en facer unha demanda pouco custosa que probablemente sexa ben aceptada, para posteriormente solicitar algo que de principio sería inaceptable. Escoita o primeiro tema varias veces, logo o segundo e así sucesivamente, para despois facelo de corrido e gozar desta obra de arte. ¿ cantas veces? Ah…. Un exame.

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 30-08-2009 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
O xílgaro colorín


Xílgaro Colorín

Ola cómo estás ?, ola, ola… soaría imitando a voz humana o xílgaro colorín si este foxe loro e tivera esta facultade, pero non era loro, era simplemente un xílgaro. Contábame Eulogio, un pamplonés residente en Motril, que o xílgaro colorín era fillo de nai canaria e que tan fino e adornado tiña o canto e tan limpa era a súa multicor plumaxe que foi envexa de todos os que o coñeceron. Peteiraba o xílgaro colorín dunha améndoa que era sostida na boca de María de los Angeles, muller e compañeira inseparable de Eulogio, e obedecía as ordes de limparse as patas con xesto coqueto. Definían os seus donos o xílgaro colorín como descarado e presumido. Un día visitaron a parella uns amigos da infancia e tan enfeitizados quedaron estes do trino e atributos do paxaro que, aínda sabendo que non ía ser doado afacerse a súa ausencia, agasallaron-llo os seus amigos. Emprendeu, o xílgaro colorín, o desterro do seu Motril natal, engaiolado, viaxou a un lugar de Grecia, privado da súa liberdade esencial e dos coidados dos seus agarimosos donos, pasou os derradeiros días en solo helénico, quizais o seu canto nunca foi máis.
O 27 de novembro de 1979 un aparello Mirage F1 despega da base aérea de Los Llanos (Albacete) ía como misión militar o encontro dun eco non identificado nos radares sobre os ceos de Motril. O piloto a través dos cascos escoitou no canal 11 da UHF unha misteriosa voz que dicía – Ola cómo estas?, ola, ola…Sería un loro colorín, colorado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2009 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
En Defensa Propia



Un escornabois no seu estado de escaravello non vive máis dun mes, o carballo có alimenta pode facelo ata mil anos, pero o galego, idioma que nomea ámbolos dous, malia ser secularmente agredido, non morrerá nunca.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2009 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Espantademos Versus Prozac

Camiñaba fai uns días co meu amigo Alfredo polo alto da Renda, no Xuviño, cando ollamos a beira da estrada unhas matas da herba de San Xoán, planta coñecida dende a antigüidade polas súas propiedades medicinais e xa recomendada por Hipócrates como remedio antiinflamatorio e refrescante. O hyperycum perforatum que así se nomea centificamente e unha das plantas que son mergulladas en auga na véspera de San Xoán, durante a noite das cacharelas, para perfumala e lavarnos pola maña con ela o fin de escorrentar do noso corpo os malos espíritos polo que tamén se a coñece como espantademos. En Galiza usase na medicina popular principalmente e case unicamente como cicatrizante de feridas, pero en Alemaña o seu uso como antidepresivo está moi difundido, iso si, con ríxidos controles sanitarios e a doses estandarizadas. Os espantademos poderían competir terapéuticamente cos antidepresivos industriais actuais, tipo prozac, previas investigacións, senón fora porque os intereses farmacéuticos basicamente norteamericanos, descubridores desta molécula, van por outro camiño, o do capital. En USA hai tanto hiperycum que a consideran unha herba mala, tan mala, tan mala que utilizan un escaravello do xénero chrysolina, que gusta de xantala, a modo de praga provocada para acadar o seu exterminio, por certo, este escaravello está protexido en UK, que menos para os aliados.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2009 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Francis, Francisco

Francis e Francisco foron mariñeiros, un inglés do século XVI o servizo da raíña Isabel I de Inglaterra, a cal lle reportou abundantes riquezas a partires sobre todo dos saqueos das posesións españolas nás Américas , o outro español do século pasado o servizo do ditador Franco o quen lle gardou fidelidade, participando no levantamento militar contra a II República . Francis, corsario, navegou polas nosas costas no seu galeón Golden Hind e foi o almirante xefe da flota pirata que arrasou a ermida de San Frutuoso na illa de Tambo aló polo ano 1589, segundo conta a lenda, ano realidade si, no que foi derrotado e expulsado da cidade de A Coruña, lembranza para historia da heroína María Pita; foi nomeado sir pola súa raíña. Francisco, fascista, foi o primeiro comandante o mando do submarino Isaac Peral, de importante relevancia na guerra civil española, rebelde sublevado, almirante experto en submarinos, foi nomeado por Franco, Ministro de Marina dende 1945 ata 1951. Francis Drake, pirata para os españois e heroe para os ingleses ten unha estatua na súa honra en Plymouth, Inglaterra. Francisco Regalado é un dos trinta e cinco altos cargos do franquismo implicados en crímenes contra a humanidade no auto do 16 de outubro de 2008, na súa memoria ten unha rúa, que é avenida, no pobo de Combarro. Que sexa para o futuro, avenida Illa de Tambo, e que sirva para a eliminación total dos símbolos franquistas neste concello e en todo o Estado.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-06-2009 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web