O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Homenaxe a Federico Rivas



Federico Rivas en O pé da porta, a propósito de Combarro http://www.blogoteca.com/opedaporta/index.php?cod=109283
Expo 1929
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2019 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
"diolosdeixeir"

Fabiola saudando dende o peirao de Raxó
16 agosto 1961. Foto Rafa


Os reis de Bélxica, Balduino, que ía para cura e Fabiola que soñaba con ser a monxa máis rica dun convento de clausura, casaran en decembro do ano 1960 sen o mundo coñecer o seu noivado, Franco o ditador, dende O Pardo, déralles a bendición. Chegaron a Compostela o 11 de agosto do ano despois, hospedándose no Palacio de San Lorenzo, onde o primeiro que fixeron foi rezar na capela do mesmo. Continuaron ao día seguinte rezando no Mosteiro de Poio, viaxe que fixeran en coche dende A Toxa para escoitar a Salve Sabatina, seica se detiveron na praia de Areas para adaptarse ao horario da Salve, quizais rezaron. O 13 despois de rezar na celebración da misa na capela, desprazáronse a Portonovo onde embarcaron en iates acompañados dos condes de Saltés, tamén católicos, navegaron pola Ría entre Areas e as Ons pescando e rezando. Visitan a Catedral, rezan.
O 16 despois de orar na capela, Balduino viaxa en coche ata Moaña, embarca no iate "Pinzón", propiedade de Adolfo de la Peña xunto co Conde de Saltés, Marqués de Salinas e outros familiares, todos católicos, apostólicos e romanos, rumbo a praia de Liméns na ría de Vigo; síguenos de cerca o tamén veleiro "Santa Isabel" de Luís Roquefort e o "María Reyes" .Despois de xantar e rezar, embarcan todos no "Santa Isabel" dende onde se entreteñen co curricán que lles reporta varias pezas de robalo da Ría de Pontevedra. Desembarcan a última hora da tarde no peirao de Raxó, onde os esperaba a raína Fabiola e outros familiares, así como Luis Rocafort Martínez, Hermida Vidal e Adolfo de la Peña de Andrés Moreno, oradores todos. Momento este que recolle a foto de Rafa que ilustra esta crónica. A última hora da tarde trasládanse en coche de volta a Santiago. Acoden á Catedral, rezan. Visitan Salvora e tamén Ribeira. O 17 Balduino, despois de rezar, practíca esquí pola Ría, visita O Grove, el e os seus navegan ata Vilagarcía onde alí lle esperaba Fabiola para xuntos facerlle unha visita aos Duques de Torres, tamén católicos.
Volverían a Sanxenxo o día 19 e 20, navegando polos arredores de Marín, Tambo e Ons , onde presenciaron as competicións de motonáutica organizada polo Club Náutico de Sanxenxo e tamén o seguinte 21 onde Siorty saca unha reportaxe fotográfica que sería publicada ao día seguinte no xornal "El Pueblo Gallego"con texto de Manuel Tourón. O día 22 abandonan Galicia, non sen antes rezar, con destino a Zarauz onde ían pasar uns días, facendo unha parada de camiño en León para rezar. "diolosdeixeir"

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-01-2019 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
A casa da Praza


A Rualeira é unha das prazas máis emblemáticas de Combarro, foi pintada e fotografada por artistas dende principios do século pasado, para memoria do patrimonio arquitectónico galego. Na actualidade unha das casas que conforman a praza, integrada totalmente nela, típica con patín e imprescindible para o conxunto de A Rualeira, atópase no máis cru dos abandonos. Mais non foi sempre así, a casa da praza tivo os seus días de esplendor, de traballo e ocio, de cotiá e de festa. Na lembranza dela, O Pé da Porta ilustra este posteado cun óleo de Balbino Costa Candamo ( Vilagarcía de Arousa 1906-1970) pintor e fotógrafo e unha fotografía do lucense Carlos Valcarcel ( Lugo 1929 ) que nos agasallou coa súa visita a finais dos anos 70.
Alborada na Rualeira
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 16-12-2018 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Acuarela de Raxó

Raxó, Ría de Pontevedra. Acuarela 40x52
Carlos Sobrino


Carlos Sobrino Buhigas, (de nome artístico Carlos Sobrino) nado en Pontevedra o 18 de marzo de 1885 e finado en Vigo o 4 de decembro de 1978, foi un pintor galego, irmán do naturalista e arqueólogo Ramón Sobrino Buhigas.
Fillo de Luís Sobrino Rivas, dunha familia acomodada, de longa tradición artística na que destacou o pintor Enrique Campo do que era curmán.
De novo quixo estudar na Academia de San Fernando de Madrid. Por decisións familiares estudou Comercio. Oposita a cátedras de Debuxo e Caligrafía desta modalidade e obtén o número un. Comparte a carreira con estudos de Belas Artes, baixo a dirección do pintor Alejandro Ferrant y Fischermans.


Participa nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, recoñecido con mencións honoríficas en 1908 e 1910. Na de 1915 consegue a terceira medalla co seu cadro «Cristo de Casal Dourado», actualmente en Buenos Aires. Un ano máis tarde outórganlle a segunda medalla na Exposición Universal de Panamá pola súa paisaxe «Calle de ciudad gallega», que é característico da súa pintura. Fixo importantes exposicións no Salón Iturrioz de Madrid (1913) e no estudio fotográfico de Sáez-Mon en Pontevedra (1917).

Realiza ilustracións en xornais, revistas, libros e carteis. Viaxeiro por Galicia gusta da pedra traballada e de pintar recunchos: rúas, cruceiros, hórreos ou casas vellas. O pobo mariñeiro de Combarro é descrito nos seus traballos de arquitectura popular galega.
WIKIWAND
Boa elección, Carlos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2018 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro. Fotos aéreas

Vista aérea xeral do núcleo urbano e porto de Combarro xunto coas vivendas e campos da contorna.1958

A fotografía aérea inicia a súa andaina a principios do século XX, con fins fundamentalmente militares: detección de obxectivos, movemento de tropas, etc. Non é ata finais dos anos 50 cando se constitúen unhas poucas empresas privadas, nas que a súa razón social é a fotografía aérea para fins comerciais. Unhas dedícanse ao campo da fotogrametría ou fotografía vertical, utilizada para a confección dos primeiros catastros e a elaboración de mapas dos distintos territorios. Outras, como FOAT, basearon a súa actividade na fotografía oblicua máis próxima con perspectiva e con fins publicitarios. Naqueles inicios as fotografías realizábanse en branco e negro con cámaras KODAK americanas de gran formato (13x13 cm.) e obturador de cortinilla. Estas cámaras utilizaban película en rolos de 15m., que se procesaban nos laboratorios da empresa e posteriormente clasificábanse e referenciábanse para a súa posterior comercialización. A comezos dos anos 60 empezáronse a realizar as fotografías en cor e as empresas de fotografía conseguiron alcanzar cotas importantes de mercado. A súa clientela fundamental era a empresa privada, pero tamén as institucións públicas: Concellos, Deputacións, Goberno. Ao longo de 50 anos de actividade, conseguiron un dos arquivos fotográficos de maior contido no estado.
Fonte: www.europeana.eu
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 12-10-2018 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
A fonte, fontiña

Fonte de Pedaporta . Combarro

Outra mostra máis de patrimonio arquitectónico devastado. Na imaxe superior a fonte coma tal foi construida no ano 1915 e na inferior como hoxe existe, depois da mutilación que sufriu a finais dos anos 50, que ben parece que lle molesta ao "pau da luz".

Para ela, estes versos de Xerardo Álvarez Limeses

A fonte, fontiña,
inda naceu onte;
nos panos do ceo
os seos esconde
e a vela tan nova
a meiga do bosque
morre de carraxe,
e de envexa morre.
¡Fonte, fontiña,
bule e camiña!...

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-09-2018 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
CHOUSA É NOSA

En apoio da reivindicación "CHOUSA É NOSA" da Asociación CulturaL Armadiña.

Foto de Chousa dende o peirao. Combarro 1970.
Foto Lavandeira.


Emilio Lavandeira Prieto é un fotógrafo galego nado en Ortigueira no 1934. Aos 8 anos trasladase a Santiago debido a profesión militar do seu pai. Tralo bacharelato, iniciou estudos de dereito pero sobre todo, descubriría a súa paixón pola fotografía. Abriu estudio no n.º 22 da Rúa Doutor Teixeiro. Comezou a traballar para os principais xornais galegos e en 1960 expuxo a súa obra na Sede Protectora de Artesáns na Rúa do Vilar. Traballou na revista Blanco y Negro, no xornal Arriba e posteriormente en Nuevo Diario. Comezou a estudar periodismo na Universidade Complutense de Madrid. En 1979 regresa a Santiago, onde funda a Sociedade Fotográfica Compostelá. Emilio é un home polifacético, tivo incursións no mundo da música, escribiu un par de libros sobre aforismos e realizou obra pictórica como caricaturista e acuarelista. Recibiu varios premios, entre eles o Premio Galicia de Comunicación e 1998 e o da Fundación Caixa Galicia - Unha vida en imaxes, polos 50 anos de traxectoria profesional como fotoxornalista. A Emilio Lavandeira gustaríalle ver feito realidade un Museo da Fotografía de Galicia que tivese como referencia a Ksado, ao que considera o mellor fotógrafo galego.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-08-2018 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Catro fotos da praia de Chousa

En apoio da reivindicación "CHOUSA É NOSA" da Asociación CulturaL Armadiña.


Catro fotos da praia de Chousa. Combarro.
1. Francisco Zagala 1890
2. Jaime Pacheco 1929
3. Joaquín Pintos 1932
4. Carlos Valcarcel. 1972
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-08-2018 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web