O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Raia Guisada

Por moi mal que che vaia, non comas raia

Non sei onde escoitei este cuestionable refrán, recomendación equivoca, posto que é un peixe ben saboroso cando se come fresco, en temporada e cociñado agarimosamente. Agora ben, sexa polo seu parecido os temidos tiburons ou polos pinchos de súa pel, noutras especies velenosos e electrizantes o refrán esta aí. A min persoalmente vaime mal senón como raia de cando en vez. Aprendín da miña nai esta tradicional receita da raia guisada.
Despois de limpa, fregada e máis fregada a pel, ata que non teña nin un só limo, bótaselle unhas areas de sal unha hora antes de cociñala. Nunha tarteira de barro poñemos un pouco de aceite, cebola, pimento verde, pimento roxo e allo cortados en cachos pequenos. Refogamos sen chegar a fritir e engadimos un bote de tomate natural (1), un cachiño de unto (2), dúas culleres de pemento doce e unha chisca de pemento picante e sal. Xa ferve, completamos con medio vaso de auga, medio de viño branco. Remexemos e engadimos as patacas deixando o guiso cocendo a lume non moi forte. Cando as patacas estean case a punto, deitamos sobre elas os toros de raia e cunha culler botarémoslle salsa sobre eles, para que pinten vermello, ata completar a cocción. Deixamos repousar o calor do barro e a xantar.
Fundamental para conquerir este sabor é (1) utilizar tomate en conserva xa que de antes nos meses de marzo, abril, maio e xuño, que son os meses axeitados para comer raia, non había tomates nas plantas, Raia pescada en xaneiro sabe a carneiro e (2) botarlle un anaco de unto, sustituto do aceite noutros tempos, xa que a raia é un peixe sen apenas graxa. Sen dúbida, na Festa de Raia ou calquer outro día, Portonovo é o lugar para degustala. Bo proveito.

XVII Festa da Raia. Portonovo 2011







Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 24-04-2011 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web