O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Roque

Cruceiro de San Roque de Combarro incluido no libro “As Cruces de Pedra na Galiza” (1949) de A.D.M.R.Castelao.

…falar de Castelao artista, político, home, e das
súas obras -o mesmo de "Os dous de sempre", das "Cruces", da súa
pintura, dos seus negros- fáisenos imposibel. Outros terán acerto.
R.Otero Pedrayo


A S CRUCES DE P E D R A P o r XESÚS CARRO (fraccións da testemoña de dor pola morte de Castelao.)

O noso egrexio Castelao, alma de artista e
pensador, non veu a imaxen da nosa Galiza nas
sonatas dos marmurios das carballeiras, nen
nos seus ceos, nen nas augas, nen na sua paisaxe,
nen na gaita..., senon nisas cruces de pedra
que se erguen nos cruceiros e que se atopan nos
camiños, nas corredoiras e nas prazas das aldeas
e das vilas...
Só un galego, un verdadeiro galego, pode
comprender a importanza do cruceiro nunha
encrucillada, no adro da eirexa, no monte, no
campo, ou acarón dunha casa….
Por iso Castelao, un xenio, douse conta que
a i-alma de Galiza estaba naquelas pedras de
pedra: detrás do drama, habia tamén unha
res u reizón. E adicouse de cheo ao estudo desas
cruces, dun fondo simbolismo galego, irmán
das cruces de Irlanda e da Bretaña. Puxo todo
seu esforzo nise formidabre traballo: As cruces
de pedra na Galiza . Foi a sua derradeira obra:
o mellor testamento e programa que poido deixar.
Nise estudo está todo: o seu valer de artista,
de literato, de investigador e de filósofo…
Aquelas cruces de pedra son fitos de redenzón .
Museo de Pontevedra Colección Castelao
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 03-04-2011 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web