O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Noma

Noma, Curiosidade, Sorpresa

O Noma foi gañador este ano do certame World's Best Restaurants, recoñecido en todo o mundo como un indicador fiable dos mellores lugares para comer na Terra, premio que se edita na revista Restaurant Magazine desde o ano 2002 e do que son responsables coas súas votacións 806 membros elixidos entre expertos da gastronomía internacional.
A curiosidade levoume a visitar a web deste restaurante abicado nos locais dun vello almacén portuario de Copenhague cuxo responsable e o mozo cociñeiro René Redzepi. O Noma define o concepto da cociña danesa desde un enfoque innovador baseando-se no aproveitamento materias primas que son difíciles de conque-rir nos mercados das grandes distribucións e apoiando esta filosofía nunha conciencia ecolóxica propia dos países nórdicos, os cales trata de impulsar neste proxecto.
A súa cociña ofrece vieiras secas con berros, centola con puerros, medusa afumada, langosta salteada con pataquiñas, langostinos das illas Feroe, algas de Islandia , salmón, bacallau, fletan, galiña, boi, cereais tostados, verduras en salmoira, xarope de bidueiro, sementes de anís silvestre, leite conxelada, peras escabechadas, salsas de cervezas, vinagres de froitas e outros pratos que non nego gustaríame degustar.
A sorpresa foi a carta de augas, cervexas, champaña e viños, nela, detíveme a ollar a páxina adicada os viños españois; só dúas adegas. A primeira Dominio de Pingus da DO. Ribera del Duero cos seus prestixiosos viños, Pingus e Flor de Pingus, nada extrano tendo en conta que Peter Sissek o seu propietario e enólogo é nado en Copenhague como René. A segunda, Escoda Sanahuja da DO. Conca de Barberá con dous dos seus viños de producción ecolóxica, La LLopera (pinat noir) e Les Paradetes ( garnacha, sumol e samsó), dun prezo nada semellante os antes nomeados.
O prezo inflúe no pracer de beber un viño, sen ser o único factor, sobre todo cando a información que temos nas cartas dos restaurantes é limitada.


Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 16-06-2010 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web