O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Portas


LÉEO CON MÚSICA

Portas

The doors formouse no ano 1965 despois dun encontro entre Jim Morrison e Ray Manzarek na Universidade de Cinema de LA, USA. Jim nace en Melbuourne (Florida) o 8 de decembro de 1943. Seu pai militar, sendo este ambiente e estilo de vida algo que aborrecería dende pequeno. “Sempre me atraeron as ideas relacionadas coa rebelión contra a autoridade...” dicía, “cando fas a Paz coa autoridade, convérteste ti mesmo en autoridade”.
Cambia varias veces de Universidade e sinte gran atracción pola literatura e polo cinema; no 65 fixo unha curtametraxe que foi un fracaso, el fala de maxia, morte, sexo, lume e relixión, temas que se van repetir nas súas posteriores composicións. Ray Manzarek atraído polas filosofías orientais que daquela eran un autentico ·boom· en Occidente atopa a Jhon Densmore (batería) nun deses centros de sexo, droga e descontrol onde se practicaban esas filosofías.
Cando se lle presenta a primeira de gravación por parte de Columbia, faltáballes un guitarrista, atópano no vello grupo de Jhon Densmore, sería Robbie Krieger e “Moonlight Drive” o primeiro tema que tocarían os catro xuntos. En 1966 teñen o primeiro contrato no Club London Fog; este sería a sede da súa aprendizaxe; logo pasarían polo famoso club Whiskey a Go-Go, onde perfilarían o seu estilo definitivamente. Córrese a voz de que Jin está louco; o Whisky a Gogo abarrotado tódalas noites.
O primeiro álbum vería a luz en xaneiro de 1967; as críticas arrepiaban, “Light my FIRE” e The end” pechaban ámbalas dúas caras. Ray declaraba” hai cousas que se coñecen e outras que se descoñecen e no medio estamos nós”:::. O segundo álbum ·Strange Days· sería un novo éxito, e cegaría a número tres das listas e permanecería nelas máis dun ano; non era rock, era un ritual de exorcismo psicosexual. Morrison non se definía coma político pero as persoas que coma el desenvolven unha actividade pública fan política inevitablemente e desenmascarar a hipocrisía a a falsidade da sociedade é difícil de perdoar por algúns sectores dela.
“Waiting for the sun” foi o terceiro álbum con moitas dificultades para a súa gravación, Morrison excéntrico, borracho empeñado en converter cada sesión de gravación nunha orxía, cousa que os seus compañeiros resultáballe unha situación inaguantable. Por fin sae a venda en Xullo do 68, o seu singre “Hello, I love you” cegaría a nº 1. Durante este tempo celébranse concertos provocadores que comezan e non rematan, suízos, cansazo, LSD, alcohol, enfermidade e o cuarto álbum (Xuño 69) “Solf Parade” ó que se lle atribúe un enorme fracaso; asinarían por primeira vez cada un os seus temas, mais o álbum salvaríase polos dous asinados por Morrison (“Shaman blues” e “The solf parade”).
Neste ano morre Brian Jones dos Rolling Stones polas mesmas causas que dous ano mais tarde o faría o poeta. Morrison recita nun concerto en Los Angeles unha impresionante poesía en honra ó defunto. O LP “Morrison Hotel” sairía en Febreiro do 70 coas mellores críticas dende “Srange Days” con temas como “Road house Blues” ou “ The Spy” e o público devolvéulle-lo seu respeto perdido. Entre este e o seguinte gravarían un álbum dobre en directo: “Asoluteley live”.
A saúde de Morrison (xa hai dous anos tivera unha neumonía) evolucionaba desfavorablemente debido as súas borracheiras diarias, os so 20 quilos de peso, alonxábano para sempre da súa imaxe de sex-symbol. Nunha das súas viaxes a París recibiu a nova da morte de Jimi Hendrix, ó regresar a Los Angeles soubo do falecemento de Janis Joplín, tamén derrotada pola droga, “Estas bebendo co número 3” díxolle a un amigo. No 1971 voltaría a París coa súa amiga Pamela Courson, deixando o LP ¨L.A. Woman” a medio rematar, un álbum fresco, distinto, gravado no mesmo local onde soían ensaiar tódolos días. En París, escribiu poemas que non lle gustaron, estaba irritable,deprimido e inconsolable. O 2 de Xullo de 1971 despois de cear con Pamela e uns amigos desaparece ( hai quen dí que foi ó cine) e ás doce horas aparece morto na bañeira do seu apartamento.
Na súa tumba no cemiterio de Parc Lachaise de París ó carón da de Chopin, Balzac, Proust, Oscar Wilde e Rimbaud, simplemente dí: “ JIM MORRISON POETA (1043-1971), e ben podería dicir:

O meu amor salvase saíu cabalgar
Cabalgou todo o día
Chegou ata o diaño
Esixiulle a súa paga

Texto informativo sobre a biografia de Jim Morrison e os Doors que acompañaba a unha audición de 22 temas que fixen no Pub Lore-Toki de Portonovo as 12,30 horas dun sábado de lúa chea, algúns anos despois de finado Morrison.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 02-06-2010 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web