O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lamprea á Bord$lesa




Ningunha vez cociñei lamprea, ganas non me faltan de facerme con este peixe que sempre retorna coma bo emigrante que é a seu rio que o viu nacer, para así cumprir o seu ciclo e ás veces deleitar os nosos sentidos gustativos. Rechea, asada, en empanada pero sobre todo guisada a bordelesa, nome etimoloxicamente relacionado coa cidade e por extensión rexión de Burdeos de meritoria fama recoñecida polos seus viños e a incorporación destes a gastronomía. Discutible é si sería ben nomeala “ a bordalesa” termino utilizado nas cartas dos menús de algúns restaurantes e receitas que tiven por ben ler, pero inexistente nos dicionarios da RAG e RAE, a salsa bordelesa non se describe coma feita con sangue e na nosa fala escoitase ...barrica bordalesa..Debate para un foro. Co “a” ou co “e” pero empregando a súa propia sangue é como degustamos principalmente a este primitivo animal.Para facer este guiso hai que primeiro facer a desagradable faena de limpa-la externamente somerxéndoa en auga temperada e rañando todo o limo que ten pegado a pel.Todo.Despois disto hai que eviscerala, farémolo dentro da tarteira de barro onde imos cociñala para non perder nada de sangue e teremos especial coidado de non romper o fel que é o equivalente a vesícula biliar, xa que a bile daríalle moi mal sabor e estragaría o guiso, seguidamente cortámola en cachos ata a metade pola cara dorsal para desangrala de todo.Feito isto salpimentamos, aromatizamos con cebola sofrita, pirixel e quizais media folla de loureiro, ou non, mellor esas herbas que se apañan na beira do rio, ainda que son para min descoñecidas, non vou manterme na ignorancia por moito tempo, engadimos medio vaso de caldo de peixe obtido da cabeza que rexeitamos e outro de bo viño mencía. E xa está. A lamprea da foto, mira para min dende o acuario dun restaurante en Aveiro e o vídeo é fiel reprodución de outra, noutro estado, que tiven o pracer de compartir con Elvira,Uxia e Edmundo en Casa Calviño, nas Neves. Alí bórdana.
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 03-03-2010 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web