O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O xílgaro colorín


Xílgaro Colorín

Ola cómo estás ?, ola, ola… soaría imitando a voz humana o xílgaro colorín si este foxe loro e tivera esta facultade, pero non era loro, era simplemente un xílgaro. Contábame Eulogio, un pamplonés residente en Motril, que o xílgaro colorín era fillo de nai canaria e que tan fino e adornado tiña o canto e tan limpa era a súa multicor plumaxe que foi envexa de todos os que o coñeceron. Peteiraba o xílgaro colorín dunha améndoa que era sostida na boca de María de los Angeles, muller e compañeira inseparable de Eulogio, e obedecía as ordes de limparse as patas con xesto coqueto. Definían os seus donos o xílgaro colorín como descarado e presumido. Un día visitaron a parella uns amigos da infancia e tan enfeitizados quedaron estes do trino e atributos do paxaro que, aínda sabendo que non ía ser doado afacerse a súa ausencia, agasallaron-llo os seus amigos. Emprendeu, o xílgaro colorín, o desterro do seu Motril natal, engaiolado, viaxou a un lugar de Grecia, privado da súa liberdade esencial e dos coidados dos seus agarimosos donos, pasou os derradeiros días en solo helénico, quizais o seu canto nunca foi máis.
O 27 de novembro de 1979 un aparello Mirage F1 despega da base aérea de Los Llanos (Albacete) ía como misión militar o encontro dun eco non identificado nos radares sobre os ceos de Motril. O piloto a través dos cascos escoitou no canal 11 da UHF unha misteriosa voz que dicía – Ola cómo estas?, ola, ola…Sería un loro colorín, colorado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2009 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web