O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

L

O día era soleado, a máquina sube a estreita estrada polos montes da Grovela, no alto de Ponte da Barca en terras do Limia. Os tres descendentes do Tarpán comen herbas na beira coa súa liberdade acostumada, a estrada estreitase máis , emprendese a loita polo territorio ocupado ou de ocupación, segundo se mire. Na máquina imos catro, ela pecha os ollos, eles os de atrás anglonizan ¡ qué guai !, avanza costa arriba empuxada por miles deles de vapor ou máis, e eles so tres cabalos ceibes, garranos, como son chamados en portugués, non ceden espazo, non levantan a mirada do seu almorzo, a partida de xadrez está a punto de rematar, a peza negra move e bate contra a máquina, a lata fúndese, fin, nin mate nin tan sequera enroque. Os efectos da accidental batalla foron percibidos despois de xantar, nin a alheira, embutido cristianizador, nin a dosificación do viño do Alentexo, evitaron a blasfemia do ateo, so reconfortado pola conservación dos cabalos célticos.
Logo o paseo polo río e as compras na área comercial, onde na pequena sección adicada a librería destacaba un de color amarelo cun elefante pintado en violeta, a curiosidade levoume a pesquisar no libro a páxina correspondente a cento dezanove da súa tradución española e conviñen que a próxima obra do autor learía en portugués, xa que dubido que os persoaxes de ensaio sobre a cegueira poderen ser tamén xordos no idioma orixinal, pero isto é cabalo doutra batalla.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2009 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web