O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Prudencio Canitrot
Prudencio Canitrot viviu en casa de propiedade en Combarro, na súa infancia e despois de regresar de Madrid no 1097, ao menos durante os meses de estío . Pero imos ver quen foi este home e sobre todo a súa relación con Combarro a través de seus relatos e pinturas.
Prudencio Canitrot Mariño, foi un escritor e pintor que naceu en Pontevedra en 1883. Comezou a pintar moi mozo, destacando como pintor paisaxista e ilustrador. Despois de viaxar uns anos por Francia e Portugal, aveciñase en Madrid en 1904, alí contactaría cos intelectuais da época, adicándose case por enteiro a literatura, onde gañou a fama coas súas obras, sobre todo relatos e contos. Promocionou e difundiu a denominada literatura regional gallega desde Madrid a través da "Biblioteca de Escritores Gallegos" da que foi fundador. Poderíamos dicir que foi un dos principais representantes de Galicia na literatura española. Politicamente participou no Rexionalismo galego, grazas o seu amigo o agrarista Basilio Alvarez ó cal convidaría a súa casa de Combarro en 1910, implicándose e no movemento agrarista Acción Gallega facendo campaña pola supresión dos foros.
Entre os relatos e contos que se relacionan con Combarro, ao menos, podemos nomear:

"Rías de ensueño" (1910), que reúne catorce crónicas de viaxes en barco, coche, a cabalo ou a pé, polas Rías Baixas, Pontevedra cidade e arredores. Nunha delas "Las olas de La Lanzada" vai camiñando con Falucho dende Combarro a romaría da Nosa Señora da Lanzada e escribe..."Este último año hallábame yo en Combarro, en mi vieja casa aldeana y supe por un amigo que a los dos días iba a celebrarse la Fiesta de la Lanzada. En efecto, por la carretera comenzaron a pasar grupos que venían de muy lejos, cargados con hatillos de ropa, llevando en la mano el farol con el que se alumbraban por las noches, y los zapatos para ahorrarse las suelas... Y busque al Falucho, un mozo que anda a navegar en un bergantín ocho meses al año y descansa al lado de sus padres los otros cuatro....Y antes de que el sol derramara sus rayos verticales sobre la campiña y el camino, el Falucho y yo decidimos emprender el retorno a Combarro.
Un mes despois, foi publicado na revista "Galicia " editada na Habana, o relato "En la Fiesta de La Lanzada. "El Meigallo" onde xunto a sinatura do mesmo pódese ler: Playas de Combarro. 1910.
Na crónica "San Juan de Poyo" onde describe o mosteiro e a salve sabatina, escribe..."Las campanas de este monasterio son parlanchinas y son madrugadoras. Son también amigas mías porque mil veces las oía desde Combarro, en las mañanas de estío, cuando niño allí pasé los veranos, y aún hoy, cuando resido en Galicia y puedo holgar en este pueblecito ribereño, las oigo con placer, porque traen saudades a mi alma.
Na Tese de Doutoramento de Carlos Gegúndez López, titulada: Canitrot e o sistema literario galego no tránsito de século. Un proxecto didáctico entre o humanismo e a estética galega,dirixida por Xulio Pardo de Neyra, expónse que "Camino viejo", crónica incluída en "Rías de ensueño" está adicada a súa casa de verán en Combarro e a contorna.
Noutro conto, "Caso" este publicado e premiado con anterioridade en 1907 na "Correspondencia Gallega. Diario de Pontevedra" sitúa a morte dunha moza e o derraderio adeus do seu namorado Manuel, nun lugar con nomes familiares ao concello de Poio como A Escusa, Salve Sabatina, O Casal.
Tamén o conto titulado ?Los repinaldos? está asinado o final do mesmo: ?Combarro, agosto 1910. Frente al mar". Unha das novelas máis importantes de Canitrot "El señorito rural" foi escrita en Combarro no ano 1909, tal como aparece na sinatura Combarro septiembre 909.
Outras obras importantes son "Cuentos de abades y de aldea (1909)" " Ruinas (1910)", El Camino de Santiago 1909" (novela publicada na revista Los Comtemporáneos)" "Suevia"(1911) recopilación de contos,moitos dos cales publicados na revista Suevia editada na Habana. A obra comeza cunha longa dedicatoria escrita a mediados de xullo do ano 1911 (18 de julio, 1911). Día de Santa Marina) e ten como destinatario a un ?insigne? labrego de Combarro, José Benito Loureiro Paz a quen o autor desexa que poida recoller nese ano copiosos froitos das súas fincas (Carlos Gegúndez López)

Prudencio Canitrot comezou a pintar na adolescencia, con obras como: "Pontevedra", "A ría"," Combarro" e "Una romeria en Galicia" chegaría a ter certa fama.
O óleo" Ría de Pontevedra e moi probable que fose pintado en Combarro no verán de 1910, está obra móstrase no Museo Provincial de Pontevedra. Co seu adicamento a literatura a súa chegada a Madrid en 1904, abre unha paréntese na pintura, mais nunca a abandonaría de todo. Ilustra algúns dos seus libros e busca amigos para ilustrar outros como o pintor ferrolá Felipe Bello Piñeiro ao que escribe unha carta desde Combarro en 1909 coa intención de facelo meritoso do seu traballo.
En 1912 promove a 1ª Exposición de Arte Regional Gallego en Madrid na que participan grandes pintores da época como Abelenda, Alvarez de Sotomayor, Serafín Avendaño, Bello Piñeiro entre outros, nun total de vintedous. Canitrot presenta oito obras, entre elas as tituladas "Ermita de la Renda" e "Apuntes de Combarro".
Prudencio Canitrot morreu en Madrid en 1913, cando tan só tiña 30 anos, vítima da tuberculose.
Finalizo con parte do relato "Aldeana" de 1909, onde Canitrot añora Galicia e a súa casa na aldea, deixando a porta aberta a máis investigacións sobre a relación de Prudencio Canitrot con Combarro.
....Yo tenía una aldea. La llamaba mía porque me ofendaba diariamente con sus aromas y fragancias. En ella tenía una casa; una casa aldeana con un amplio balcón de madera que daba al parral, donde el sol doraba las espigas de maiz y los manojos de lino que la rueca hacendosa de mi abuela había hilar.
Unas rústicas escaleras de piedra adosadas junto a la puerta de la bodega, dabán entrada a la casa, y a su final un "patín" donde los perros gruñones y guardianes, como viejos mayordomos solariegos tomaban el sol y de donde se arrojaba el maiz a las gallinas.
A la linde de un camino que pasaba por frente a la solana, había un mesón en el que ardía por el invierno una buena lumbre, su amplia cocina se llenaba de aldeanos, de risas y de arrieros de paso que tejían medrosas historias...


Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 18-04-2020 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0