O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Provincia de Pontevedra


Na beira do mar, envolta en tons azuis e verdes, sitúase a aldea de Combarro, que constitúe un fito na paisaxe urbana costeira. A primeira característica das pequenas paisaxes interiores de Combarro é que en elas a pedra, tomada da serra que lle cubre as costas, imponse sobe o cemento. Valos, rúas e hórreos son de pedra, e por suposto as súas casas, que hoxe mostran súas anchas e pétreas paredes espidas, aínda que estiveran caleadas e, posiblemente, pintadas de suaves cores pastel. As casas que circundan pequenas prazas ou se estiran ao longo de estreiras rúas mostran diferentes tipoloxías. Desde as moi pequenas con patín, moi características da Galicia meridional, ata as máis grandes que asoman ao mar as súas galerías, cuxo orixe dixese que pode estar nas ganas das xentes de imitar os castelos de popa dos grandes buques do século XVIII. Pero entre tódolos modelos destacan polo seu sabor autenticamente mariñeiro as de galería corrida de madeira, nas que se colgaban a secar as redes e baixo as cales refuxiábanse as xentes e os aparellos. Tamén servían e serven de protección as que se alzan sobre arcos baixo os que se charla ou pasea os días de choiva.
A paisaxe urbana de Combarro responde as necesidades que tiveron as súas xentes, mariñeiras e labregas ao mesmo tempo, cuxa mostra máis palpable son os hórreos que con seus pés metidos no mar parece que quixeran ser transformados en embarcacións, para navegar ata a preta illa de Tambo ou para fuxir dos fumes de Celulosa, situada na outra marxe da ría, mostrando súas chemineas tras unha flexura da costa.
Este conxunto de hórreos quizais sirva para chamar a atención ao viaxeiro sobre que, aínda que non tan mariñeiros como os de Combarro, estes almacéns con patas forman parte da paisaxe que atravesa. En Galicia son as Rías Baixas e o Baixo Miño unhas das que mostran os hórreos con formas máis finas, construídos en boa pedra e en cantidades elevadas. Non en van a súa eclosión – non seu orixe – atribuíse ao éxito e expansión do cultivo do millo, feito que se fraguo na segunda metade do século XVII especialmente nas terras máis cálidas, e dicir, nas áreas meridionais, onde o Miño aproxímase ao mar ou as rías dulcifican as temperaturas.
Entre hórreos e cultivos de millo, que poboan as ladeiras próximas a aldea de Combarro, ascéndese ata o Mosteiro de Poio, que se alza no entorno dominando a ría e mostrando a fachada barroca da Igrexa.(texto traducido do orixinal en español)

DO LIBRO: Provincia de Pontevedra. Editorial Mediterráneo. Agedime SL. 1998 Texto de Andrés Dominguez Almansa e Augusto Pérez Alberti. Fotos de Juan José Pascual Lobo.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro nos libros - Publicado o 17-01-2020 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web