O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Combarro nas postais folclóricas


A mediados dos anos 60 durante o auxe do turismo, as editoriais adicadas a impresión de tarxetas postais adquiren unha gran demanda dos seus produtos. Estas editoras , algunhas con fotógrafos propios, solicitan e compran fotos de fotógrafos locais e de outros de renome que viaxan fora do seu localismo para vender o seu traballo. O patrimonio arquitectónico e das labores de cotián, plasmado nestas imaxes, vai ser utilizado para a resaltación de obxectos de agasallo como chaveiros, bandeiríns, pratos de colgar, aparellos olleadores...aceitáraa, mais sobre todo para a impresións de tarxetas postais. Estas tarxetas que serían mercadas polos turistas como lembranza da súa visita á localidade en particular e a Galicia en xeral, terían como obxecto informar os familiares e amigos das características e beleza do que eles están a desfroitar e en menos medida terían tamén a singularidade do colecciónesmo.
Dentro de todo este negocio turístico as editoriais tiveron a ben, mais con moi mal gusto, editar series de postais que posteriormente adquirirían o adxectivo de "folclóricas". Son referentes as que nelas reproducían sitios típicos con persoas vestidas con "traxe rexional" , nada semellante o traxe tradicional galego, patrimonio cultural recuperado do século pasado, e tamén imaxes de paisanos portando aparellos de traballo cunhas mans que moito menos tiñan que ver coas das que por necesidade facían uso delas.
Estas editoriais representaban con imaxes o mesmo que directores como Ramón Torrado expresaron con películas tales como Mar Abierto (1946) ou Botón de ancla (1947), e dicir, a "Galicia de gaita e pandeireta" , inexistente e surrealista, que nos propagándezou durante o franquismo, co agravante de ser editadas vinte anos despois das películas de Torrado, adquirindo así continuidade desa irrealidade que promovida polo Ministerio de Información e Turismo da época deu a coñecer pobos e vilas de Galicia ao resto do mundo.
No caso de Combarro, non ía ser menos. Editoriais como Arribas ou Fotocolor Valman solicitaron dos seus fotógrafos estas imaxes con modelos disfrazados con traxes tricolores, utilizando en segundo plano os hórreos, os cruceiros e as fontes do pobo. Son as fotos deste vídeo que intercalei tamén coas que representan infindas mariscadas. Para compensar o "mal gusto" musiqueino cun dos temas máis populares do noso patrimonio musical, a "Muiñeira de Chantada" interpretada polo mestre gaiteiro Ricardo Portela.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 03-03-2017 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web