O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Portfolios

Portfolio Galicia foi unha produción comercial de Pedro Ferrer comezada no ano 1902, que constaba de fotografías propias e de outras de fotógrafos afeccionados, recopiladas entre os anos 1902 e 1904 e que pretendía ser a súa gran obra. A edición é de 42 fascículos por entregas quincenais co título de Portfolio Galicia, Naturaleza y arte. Pueblos, paisajes, marina, fábricas, edificios. Monumentos y obras de arte, cuadros de costumbres, retratos, etc. Con notas de varios escritores regionales. Cada fascículo presentaba 12 fotos, tamaño folio, con texto explicativo da imaxe a pé de foto. O conxunto total son dous tomos; o primeiro composto de 24 fascículos e un caderno apéndice dedicado ao “Sanatorio La Benéfica de la Habana”. As tapas de cartón para a encadernación do primeiro tomo saen no 1904; as do segundo non chegaron a publicarse, como nin tampouco a totalidade dos fascículos que quedaron reducidos a só 17.

Portfolio fotográfico de España
Foi unha colección de fascículos monográficos de fotografías de toda España editados en Barcelona por Alberto Martín e textos de Ceferino Roquafort no ano 1917. Trátase de fascículos apaisados de 14x19 cm de 38 páxinas e 16 fotografías de capitais de provincia, vilas e pobos; o seu prezo era 50 cmts. Ademais das fotos incluia láminas con mapas de carreteras e ferrocarril así como datos demográficos. As imaxes non se acompañan do autor nin data de realización, considerando deste feito que aditorial tiña os seus fotógrafos propios que se deprazaban polas diversas comarcas e tamén mercaría imaxes a fotógrafos famosos de proximidade coa provincia a que se refiria en cuestión o coleccionable. Só a portada estaba editada en cor e era na última páxina onde se propagandizaba a colección. Os caderniños das catro provincias galegas estabán incluidos no tomo III.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2016 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web