O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Django Reinhardt




Django naceu en 1910 no carromato de seus pais no pobo belga de Liverchies.Pertencía a tribo de manouches (cíngaros do Norte de Francia) nómades, que acabaron por instalarse sobre 1920 nas aforas de París.
De mozo xa tocaba o violín, o banjo e a guitarra polas terrazas dos cafés e nos bailes públicos. Foi no 1928 un incendio no carromato, onde vivia coa súa primeira muller, case lle costa a vida, deixouno mutilado da man esquerda, os seus dedos maimiño e anular quedaron atrofiados,consecuentemente adquire unha técnica persoal para tocar a guitarra, non sen esforzo e tesón.
Django comeza a escoitar os primeiros discos de Louis Amstrong e Benny Carter e a afeccionarse o jazz, primeiro toca polos cabarés da Costa Azul e logo volve a París para tocar con varios músicos de jazz franceses.
En 1934 forma co seu inseparable amigo Stephane Grappelly o Quinteto do Hot Club de Francia que chega a ser a mellor formación de jazz de Europa e por conseguinte Django un dos mellores guitarrista do mundo. Co quinteto do Hot Club grava multitude de sesións con músicos franceses e americanos de paso por París.
A Segunda Guerra Mundial sepárao de Grappelly e do quinteto que quedan instalados en Londres. Django modifica a formula do quinteto, substitúe o violinista por un clarinetista,Hubert Rostaing, e unha das guitarras de acompañamento por un batería. Durante a ocupación e a pesar dos acontecementos Django e o seu grupo medran en fama, fan multitude de concertos e contratos. Din os rumorosos que Django foi protexido por un xeneral nazi chamado Dietrich Schulz-Köhn coñecido co alcume de Doctor Jazz pola súa afección a esta música, que o libraría das penurias da que foron obxecto os seus iguais; lembrar que no réxime nazi a música de jazz foi prohibida por ser considerada propia dos negros e xudeus. O que é máis verdade e que as composicións de Django e outros músicos eran os estandartes da resistencia francesa.
Rematada a guerra, Django viaxa a América en 1946, é presentado como guitarrista solista da Big Bang de Duke Ellington no Carnegie Hall de Nova York, pero o seu carácter de cigano ceibe, indisciplinado, non casou coa idiosincrasia do pobo americano e a súa carreira na outra parte do océano botase a perder. Regresa a Europa en 1947 enriquecido coa música de Charlie Parker e Dizzy Gillespie, o bebop rondaba na súa cabeza e comeza a tocar a guitarra eléctrica da que sempre denegara, reúne novamente o Quinteto do Hot Club mais con indiferenza, cada vez menos concertos e aparicións públicas. En 1949 grava en Italia o seu último disco recompilatorio "Djangoloxía". Retírase a unha localidade preto de Fontainebleau e adícase as súas afeccións preferidas pintar, pescar e xogar ó billar. Django morre a causa dunha hemorraxia cerebral en 1953 con só 43 anos cando regresaba dun concerto. O mellor guitarrista de jazz do mundo foi un "músico de orella", non sabia ler partituras mais un superdotado na composición, na improvisación e con unha técnica na interpretación intentada copiar polos mellores guitarristas de jazz contemporáneos.


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 02-04-2014 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web