O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha mañá con Xulio



A raña ou liña dos polbos é unha das artes de pesca máis antigas de Galicia. Meu avó facías cunha galla de pau na que se amarraban dúas picas e unha pedra e sobre esta prendía o isco que consistía nun cangrexo, un peixe ou ambos.

O mariñeiro, coñecedor do medio onde viven os polbos, achega o seu bote axudándose das marcas ata o mar de fondos areosos na periferia das laxes, onde se refuxian nas chamadas coveiras ou cuncheiras que eles mesmos constrúen con cunchas de moluscos e restos de crustáceos. Lanza as rañas ao mar e sostén unha en cada man mentres voga amodo bordeando a laxe. Cando o polbo pousase sobre a raña, habilmente detecta ese cambio no peso da raña e no momento preciso recolle a liña. Axudándose cun bicheiro mete o polbo a bordo e fíreo de morte cortándolle entre os ollos cun coitelo.

Nos anos 70, coincidindo co auxe do turismo e as melloras de conservación e transporte do peixe, está arte de pesca foi mudada por outra moito menos tradicional pero máis produtiva, a nasa dos polbos que son unha modificación da nasa das nécoras utilizadas dende os anos cincuenta, onde a porta circular de entrada da trampa e de plástico e máis longo para evitar que os cefalópodos escapen de dentro da trampa. Actualmente a nasa é a responsable do 93% do polbo capturado.

A Xulio ensinoulle a pescar polbos o seu pai e tamén o dito que anuncia mentres lanza a raña con forza ao mar "Vaite con Deus e vente cun polbo". Dito e feito.
Unha mañá con Xulio tamén en
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2013 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web