A UNESCO proclamou o 30 de abril como Día Internacional do Jazz porque o jazz é unha música de creatividade ilimitada. Combina composición e improvisación, o formal e o informal, e renovase cada vez que se toca. Nado nos Estados Unidos, o jazz pertence ó mundo. Arraigado nas tradicións africanas e inspirándose nas formas musicais europeas, cobrou novas formas adaptándose as culturas de todo o mundo. O jazz aproveita ó máximo a diversidade do mundo, cruzando as fronteiras sen esforzo algún e achegando as persoas. Esta música, cuxas raíces remóntanse a escravitude, constitúe unha expresión apaixonada contra tódalas formas de opresión. Fala unha linguaxe da liberdade que é comprensible por tódalas culturas. O jazz está aquí para todos nós a fin de dar forma as nosas aspiracións ó respecto, a tolerancia e a liberdade. O Día Internacional do Jazz é o momento propicio para que todos nós expresemos a nosa paixón pola paz. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO