O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Agrupación Artística "Rosalía de Castro" do Centro Galego de Madrid

A Agrupación Artística Galega “Rosalía de Castro”, é a agrupación folclórica máis antiga de Madrid, integrada só por aficionados. Fundouse en marzo de 1923, sendo o seu primeiro mestre director Reveriano Soutullo, outros célebres mestres directores: Germán Lago, Rafael Gayoso, Eduardo Dorado, Segundo Bretón, Victoriano Echevarría, José Ibáñez, Daniel Bravo, José Pagán, Germán Dafauce, Luís Izquierdo, Miguel Groba, Rogelio Indalecio Groba, José Carracedo. Dende entón e ata a actualidade ven desarrollando unha continua e tenaz labor de representación da nosa terra.

Súas actuacións cóntanse por centeares, non só na península senón tamén fora dela. Da súa participación en certames podemos destacar a Medalla de Ouro no Festival Iberoamericano de Cáceres en 1961. Gravata de Honra dos Festivais de Música e Danza de Madrid, Centros Galegos de Laussanne (Suíza), Bos Aires, etc.

Celsa Cainzos foi, durante máis de corenta anos, a Directora Artística do Grupo de Danza, sendo a súa labor continuada na actualidade por Ana Mª Cendón (Directora Artística) e Fernando Paredes como mestre de baile. Na actualidade a dirección do coro corre a cargo de Julio González.

A agrupación na actualidade é unha escola que promove a ensinanza e interpretación do folclore galego máis tradicional, cun repertorio que conten: fandangos, xotas, pandeiradas e unha amplía variación de muiñeiras. Amenizadas pola batería cos seus pasarúas e o grupo de cantareiras.




Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 13-04-2013 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web