O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alborada pola Rualeira


Un día de festa, unha mañá soleada. Tres clarinetistas, bombo e tambor por diante e gaiteiro atrasado camiñan a paso longo pola Rualeira, tocan unha alborada, quizais unha muiñeira ou un valse, ¿ quen sabe?. O sol dalle de fronte, igual que á nena que os observa dende a parte superior da escaleira e que se autoprotexe co antebrazo esquerdo; mentres a nai, ou irmá maior, olla os músicos, descansando os cóbados no marco da ventá da mesma casa, sobre unha prenda de roupa que non tardará en estar seca. Cara a Rúa Cega, entre un montón do que parecen herbas formando maios, a muller de loito, ri, deténdose ao velos pasar. Pronto continuará o seu camiño. O neno pequeno sigue o máis maior sen facer caso a marcha musical, eles teñen outros plans, van en dirección a praia. No segundo plano unha familia formada pola muller cun neno no colo que mira, a súa irmá bailar cos brazos en alto e na esquerda dela, o outro fillo con intencións de continuar seguindo aos músicos . Está muller e o gaiteiro miran a cámara, aínda que o fotógrafo no cae na conta dese ollar no momento do CLIK.


Atopei esta bonita foto ollando o libro “Albores de Sanxenxo Vol II”, magnífica recopilación de fotos antigas do concello veciño, editado pola Asociación Cultural Abiñadoura. Baixo ela o subtítulo “ Alborada da banda de música por Padriñan. Festas de Sanxenxo. Ano 1957”, é un claro erro de documentación ou de impresión. Alborada pola Rualeira. Combarro, sería o correcto. ¿Coñecedes alguén? Namentres, disfrutade dela.

Durante este ano, tódolos artigos ou posted publicados en O Pé da Porta e que estean relacionados directa ou indirectamente con Combarro, levaran o logotipo “ Combarro. Conxunto Histórico 1972 – 2012 a propósito da Conmemoración do 40 Aniversario.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-10-2012 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web