O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O cartel

Xa está na rúa o cartel, formato papel, que conmemora o 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico. A reprodución dun cadro temático de Combarro do pintor Carlos Maside e os logotipos das empresas colaboradoras dan un novo colorido o precedente.

Así describe Ánxel Fole a Maside

Maside é un gran pintor de Galicia. A súa Terra esta na súa obra como zume e como atmosfera, imponderablemente. Por iso os seus cadros rebosan galeguidade. Súas escenas,súas composicións, seus paisaxes; seus debuxos, seus óleos, seus gravados. Galicia fala en toda ela como natureza e como historia. Maside tivo sempre a intuición radical da súa Terra. As veces parécenos case un pintor folclórico sen folclorismo....Sempre “soubo” a Galicia. Sóuboa “par coeur”, que é sabela de memoria. Con gran memoria estética e poética. E dicir, de lembranza, de corazón, como o mesmo Valle, Castelao, Otero Pedrayo ou Cabanillas. Como o gran galego representativo que el foi.
Ánxel Fole ( Obra literaria completa. Volume 3 )

Deixo tamén o enlace do artigo “Un pintor para unha terra” publicado o 20/05/2012 no suplemento do xornal La Opinión da Coruña onde se reseña a relación entre o pintor e Combarro contendo ademais a ilustración dun bonito cadro do pobo.

Un Pintor para unha Terra
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 08-07-2012 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web