O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Coro Cántigas da Terra

Durante este ano, tódolos artigos ou posted publicados en O Pé da Porta e que estean relacionados directa ou indirectamente con Combarro, levaran o logotipo “ Combarro. Conxunto Histórico 1972 – 2012 a propósito da Conmemoración do 40 Aniversario.

01 - Miñas cousas by user8562746 02 - Muiñeira by user8562746
03 - Alalá de Monterrey by user8562746

Coa creación das Irmandades da Fala, o primeiro nacionalismo precisa pragmatizar os seus
ideais de recuperación da identidade propia, promovendo así o uso público da lingua galega. Con tal fin nace Cántigas da Terra (A Coruña, 28-12-1916). Nun contexto de emoción e creatividade, produto do amor pola Terra, xermolan o canto, o baile, o teatro, a poesía, a pintura... trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da globalización, nos que xa se albiscan síntomas de esquecemento e menosprezo cara ao propio. Ademais, a entidade axiña toma iniciativas importantes como a incorporación das mulleres (1921).
Ata o cruento golpe do 36, o coro mantivo unha intensa ligazón co movemento galeguista, mais
cando comeza a guerra son moitos os que se agochan, foxen ou son fusilados e Cántigas tivo que se adaptar ao novo réxime de ditadura. Con todo, manter o canto en galego e a negativa a integrarse na Sección Femenina simbolizan grandes logros nesta difícil circunstancia. Na altura, a agrupación floreceno musical e gaña popularidade, realizando multitude de viaxes e gravacións. Outro fito salientábel é que Cántigas consegue para Galicia o recoñecemento como nación celta dentro do II Congreso do Mundo Celta (Bretaña, 1954).
O repertorio constitúeno cántigas recollidas do imaxinario popular, moito antes de que a radio e
a televisión fixesen aparición nas casas; destacando nas harmonizacións creadas a sensibilidade e o respecto dos mestres polas músicas orixinarias. Outra boa parte xorde de compositores capaces de crear melodías xenuínas que logo foron adoptadas como propias polo pobo, volvéndose anónimas.
Hoxe Cántigas da Terra está formado, ademais do coro, por grupo de gaitas, grupo de zanfonas
e corpo de baile. A entidade traballa na recuperación do espazo que lle é propio dentro do País, no uso normal do nosa idioma e na interrelación entre as distintas disciplinas culturais, cumprindo o desexo dos seus fundadores.
Cántigas da Terra.
Coro Cántigas da Terra
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 01-07-2012 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web