O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os modelos de Maside viven en Combarro

Os modelos de Maside viven en Combarro

Salvador Rodríguez. Faro de Vigo 11 de Maio de 2012.
Artigo traducido da súa impresión orixinal en español.


É IMPERATIVO LER AS NOSAS NOVAS NO NOSO

Sesenta anos despois de ser inmortalizados en senllos retratos, FARO descobre, por mediación da asociación A Solaina, a Maruja Vicente e Antonio Besada, dous veciños que, en 1952, serviron como modelos a Carlos Maside. O que está considerado un dos máis destacados artistas plásticos galegos achou na pequena vila mariñeira o escenario ideal para a súa última eclosión creativa, inspirada en paisaxes e personaxes da Galicia tradicional.

O vestido tecérao unha irmá miña, que era modista. Tiña unha cor verde-mar bonitísimo. A pañoleta, moi colorida tamén, era unha das moitas que sempre nos traía papá cada vez que volvía de traballar en Bilbao. E a patela...bo, a patela púxoma el, porque seica fíxolle graza..E a min tamén, claro! Eu tiña só 12 anos cando me pintou, pero xa quería ser unha muller maior, quería ser como unha das señoras pescantinas que vendían na praza?. Maruja Vicente Pérez, con mans nerviosas pola emoción, revolve entre as fotos do seu pasado lonxe aquela que puidese ser a máis próxima ás datas en que pousou para Carlos Maside e converteuse en “A Peixeira” (Combarro, 1952). Finalmente atopa unha, a que incluímos nesta páxina, na que se lle ve acompañada de tres amigas: “Mirade: así era eu cando me pintou aquel señor. Acórdome porque ese traxe de lunares co que aparezo gustábame moito e estou segura de que era desa época “. De seguro na foto, Maruja, máis que unha nena de 12 anos, semella entrar xa de pleno na adolescencia, pero se ela dio... “Si, así era eu aos 12...bo,se cadra xa tiña 13!”. Claro que tampouco no retrato de Maside se atisban trazos de nena precisamente.

Hai xa algúns anos que vimos traballando sobre a estadía de Carlos Maside en Combarro -dinos Rafael Vallejo Pousada, historiador e directivo da asociación A Solaina- Case todos nós ouviramos falar dun pintor que estivera aquí a principios dos anos 50 do século pasado e do que case todo o mundo lembraba velo, pero menos xa o seu nome. Todo o máis, un don Carlos. Aos poucos, fomos recompilando información tanto de libros como de entrevistas persoais, e foi así como chegamos a identificar a algunhas das persoas que el retratou e a catalogar case 36 obras pintadas por Maside en Combarro. En realidade, cremos que hai moitas máis, que mesmo poden chegar a ser cen, pero de momento só podemos falar das que confirmamos?.

Ao Carlos Maside que convidado por Valentín Paz Andrade chegaba, no verán de 1952, a Combarro podemos definilo algo así como un creador recuperado para a arte e un home de regreso á vida. Tras a guerra civil, na que se aliñou e comprometido co bando perdedor, decidiu encerrarse na súa casa-estudo da rúa Vilar de Santiago, onde viviu en radical illamento voluntario até 1945. Entre a soidade, o desencanto e a pena por todos aqueles compañeiros asasinados ou que tiveran que exiliarse, o artista debeu sentirse tan intensa como dolorosamente só. Lonxe semellaban os tempos de eclosión galeguista, do descubrimento das vangardas en París, dos debuxos que entre 1924 e 1926 realizou para FARO DE VIGO, do Madrid atarefado da xeración do 27, onde, entre outros, estableceu amizade con Valle Inclán, ao que acompañou nos seus últimos días en Santiago... E dun decidido activismo político que, en 1930, xa lle deu o desgusto de ter que pasarse uns días encerrado no Cárcere Modelo acusado de conspiración.

Lamentablemente, ao ánimo que lle levou a suspender o seu exilio interior non o acompañaba a saúde. Enfermo de diabete crónica, a finais do ano 1950 tivera que renunciar ao cargo de director artístico da recentemente creada editorial Galaxia. A diabete, no entanto, converteuse nunha dos seus acenos de identidade entre os combarrenses, aínda que estes nin o sospeitasen: “Quen máis e quen menos o relaciona cos caramelos que sempre levaba nos petos...En realidade, poucos sabían que os levaba por se tiña baixadas de azucre...”.

“É que el tiña por costume regalarnos caramelos aos nenos”, intervén Antonio Besada Rodríguez. Antonio é outro dos “retratos que falan” en Combarro e foi unha testemuña privilexiada da estancia de Carlos Maside na vila pontevedresa: Antonio é o fillo de Celia Rodríguez, a dona da casa na que se aloxou o pintor, a que lle facía a comida (case sempre peixe branco),a que lle lavaba a roupa, a que lle enchía a tina de auga para que o señor puidésese bañar...”Ai se dona Celia acordásese” Pero a memoria de dona Celia, aos seus 97 anos de idade, perdeuse nun labirinto de escuridade que soamente rompe algunha vez para que os seus ollos brillen iluminados por unha copla picantona das idades en que foi moza. Tamén se perderon, di o seu fillo, as cartas que don Carlos envioulle cando xa se había ir de Combarro.

¡Ese son eu!
Antonio, digámolo xa, é “O Neno”...Bo, un dos nenos do Combarro de 1952: “¿Que se me mandou pousar?-respóndenos galaicamente preguntando- A min o único que me dixo foi que me sentase na banqueta e que me estivese quieto...Creo que non pasou nin media hora e díxome xa está! Deume un caramelo e funme a xogar cos meus amigos.Que eu lembre, nin el ensinoume o debuxo nin eu intereseime moito por velo”. O Neno non soubo que era o Neno de Maside en Combarro ata que “esta xente -di referíndose aos da Solaina- viñeron á miña casa, ensináronme o cadro e entón, si....!Pois claro que ese son eu!?, confirmoulles coa súa rotundidade mariñeira forxada entre as mareas nos bancos de pesca das Rías Baixas e Suráfrica e os seus anos de emigrante …”nunha fábrica de produtos químicos de Alemaña”.

A Carlos Maside, Combarro non lle resultaba un lugar descoñecido. Xa na súa mocidade visitárao, e tanto lle impresionou o pobo que deixou escrito un eloxioso artigo sobre el. Seguramente xa se decatou de que aquela paisaxe de hórreos, mar e praia e aquela veciñanza de pescantinas, mariñeiros e cheiro a salitre era o ideal para plasmar nunha obra que habería reter a esencia de Galicia, a súa tradición, a súa raíz, a súa fondura....A “Galicia nai”, que diría Castelao.
“Pois o meu foi moi diferente”, intervén Maruja Vicente tras escoitar a versión de Antonio. Durante “polo menos 15 días”, Carlos Maside estivo a estudar e tomando apuntamentos dos trazos daquela nena na que o artista debeu ver reflectida á muller galega: “Dicíame que pasease pola rúa, polo peirao, que me puxese de perfil, que fixese tal ou cal ou xesto... e despois dábame unha propina e íame”. E, así, dúas semanas da que foi a única experiencia como modelo desta muller á que, con todo, e nisto coincide con Antonio, don Carlos tampouco lle ensinou o cadro acabado: “Non.-di Maruxa- A min só ensinábame as probas de cada día, pero o que é o cadro terminado non mo deixou ver nunca”.

Tiveron que pasar cincuenta anos para que Maruxa Vicente puidese, ao fin, ver o aspecto que tiña o “dichoso cadro”...Foi por mor de chegar á súa casa un calendario confeccionado pola, naquel aquel entón, Caixa de Aforros de Vigo. Para a súa sorpresa atopouse con que, na portada do calendario, figuraba unha “peixeira” na que se recoñeceu de inmediato: ”Pero se esta rapaza son eu!”...E entón removéronselle todos os recordos da infancia e daqueles días, “entre a vendima e o berberecho” en que un gran artista elixiuna como musa.

Carlos Maside deu por terminado o seu traballo en Combarro entrado xa o outono de 1952. Pouco antes de irse, unha camioneta cargou con “unha chea de cadros, debuxos e bosquexos” que levaba consigo e que, até a súa morte, tan só seis anos despois, probablemente dedicaríase a puír e perfeccionar na súa casa-estudo de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 13-05-2012 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web