O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Stones e as Guerras


Catro son as películas que sobre a Guerra do Vietnam, o meu parecer, merecen especial mención : Apocalipse Now de Francis Ford Coppola, Platoon de Oliver Stone, O Cazador de Michael Cimino e A Chaqueta Metálica de Stanley Kubrick e as catro utilizaron nas súas respectivas bandas sonoras temas do pop-rock da época, Ben é certo que no Cazador en menos escenas pero o sensacional tema de Gloria Gaynor, Can´t take my eyes off you, suple calquer insuficiencia. O tema Satisfactión dos Rolling Stones xa fora escollido por Coppola para Apocalipse Now no 1979 e máis tarde sería Stanley Kubrick o que elixiría Paint it Black para finalizar a súa sensacional Chaqueta Metálica. O tema comeza así….Vexo unha porta vermella e quero vela negra, sen cores nunca máis, que se convertan en negro…. e finaliza…. negro coma a noite, negro como o carbón, quero ver o sol borrado do ceo, quero vela pintada, pintada de negro. A verdade e que a canción quédalle o final da película que nin pintada, valga a redundancia. Mais Paint it Black continua desgraciadamente de última moda sendo o paradigma da guerra financeira que vivimos hoxe.

Imaxino que utilizando as desculpas do copyright, os mesmos de sempre queren que a información na rede non sexa gratuita. Por outra parte, blogoteca, non progresa, deixa os seus usuarios sen recursos para dinamizar os seus posteos. E por último e falando de guerras, penso que un blog sen comentarios, é un blog morto; aínda que como di o protagonista na última escena…..estou feliz por seguir vivo...

Letra de Paint it black
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2012 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web