O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Potaxe de Venres Santo


Se ben e certo que as costumes relixiosas vanse perdendo coas novas xeracións,aínda queda unha parte da sociedade, sen dúbida os nosos máis maiores, que disimula cumprir os preceptos divinos dos corenta días de xaxún de obriga práctica católica. Un xaxún light, diría eu. No venres gastronómico da Semana Santa é tradición o consumo de receitas sen carne, polo que se fai doado cociñar outras con igualdade carga calórica con ingredientes no que se incluen verduras, legumes, froitas e peixes, sen esquecer as variedades de doces. Espiritualidade a parte, así preparo este potaxe de bacallao.

INGREDIENTES:
400 gr de bacallao
500 gr de garavanzos
100 gr de espinacas
1 cebola, 1 porro, 1 allo
1 cullerada de concentrado de tomate, pimento doce, fariña e aceite.
50 gr de uvas pasas.
50 gr. de améndoas
2 ovos cocidos


ELABORACIÓN: Xa partimos do remollo co seu tempo correspondente do bacallao e dos garavanzos. Poñemos os garavanzos e as espinacas cubertos con auga fervendo cun pouco de sal nunha ola rápida a que engadimos o sofrito consistente en cebola, porro e allo picadiño, e unha culler de fariña, de pimento doce e de concentrado de tomate. Cocer 15 minutos coa tapa pechada. Abrir e engadir o bacallao desmiuzado en anacos, as uvas pasas e as améndoas trituradas.Deixar cocer 10 minutos máis. Salpimentar o gusto.Deixar en repouso ao menos 1 hora. Cortar os ovos en cuartos antes de servir. Se aproveitamos as espiñas e a pel do bacallau para facer o caldo incial e no sofrito utilizamos un par de filetes de anchoa, moito mellor.
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 10-04-2012 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web