O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Debuxos e lendas


A Mitoloxía Galega nos debuxos de Agustín Portela
As supersticións alimentadas polos grandes cultos relixiosos ou pagáns a través dos tempos, son a orixe de lendas que forman parte da nosa cultura por ter un indiscutible valor etnográfico. Innatamente, a realidade, o temor o sufrimento e a morte, mestúranse co meigallo, o mal de ollo, tangaraño, santa compaña etc., sempre coa natureza de trasfondo ¿ Cantos trasnos,fadas e lendas foron nestes días asasinadas polo lume nas Fragas do Eume? A destrución e a morte son o real, o demais é a sombra da nosa imaxinación. Quixera ver pantasmas – falo serio- , que diría Francisco Añón
Presentación onde o debuxante Agustín Portela plasmou, a súa maneira de ver, algúns dos mitos e lendas de Galiza. ( copias escaneadas dun Faro de Vigo dos anos 50 e son de Manuel Rivas)


Agustín Portela Paz, naceu en Pontevedra no ano 1906, debuxante, aparellador e persoa comprometida coa cultura galega; estivo vinculado o Partido Galeguista, sendo promotor dos Dereitos do Home en España, membro fundador do Museo do Pobo Galego e da “Asociación de Amigos da Cultura de Pontevedra”. Así mesmo, formou parte da dirección e actividades do Museo de Pontevedra e foi membro da Real Academia Galega.
Durante o Bacharelato foi alumno de Castelao e aprende a técnica do gravado con linóleo, colaborando con varias revistas e xornais como Faro de Vigo.
Ilustrou libros de autores da época como Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo, Ricardo Carballo Calero etc…
As súas obras máis importantes son : Pontevedra, boa vila do 1947 formada por unha colección de debuxos con notas de escritores amigos, O trasno con prólogo de Ramón Cabanillas, As Pontes do Lérez e Plano da reconstrución do recinto amurallado da vila de Pontevedra a mediados do século XIX. Agustín Portela finou en Pontevedra o 6 de decembro de 1992.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2012 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web